El Miliciano Gallego
Aparencia
El Miliciano Gallego | |
---|---|
Fundación | 1936 |
Remata | 1937 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Madrid |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Miliciano Gallego foi unha publicación periódica editada en Madrid promovida por Santiago Álvarez, voceiro do Batallón de Milicias Gallegas.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Órgano del Cuarto Batallón de la Primera Brigada Mixta de Líster, apareceu no mes de agosto de 1936 e cesou a súa publicación en maio de 1937. Entre os seus colaboradores figuraron Rafael Dieste, Xosé Rubia Barcia, Compostela, Ramiro Isla Couto e Rubén Gotay Montalvo. De pequeno formato, tiña oito páxinas. Foi o precedente de Nueva Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Miliciano Gallego, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Miliciano Gallego, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 650. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.