El Club (filme de 2015)
El Club | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El Club |
Director | Pablo Larraín |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Carlos Cabezas |
Fotografía | Sergio Armstrong |
Montaxe | Sebastián Sepúlveda |
Estrea | Berlín: 9 de febreiro de 2015 28 de maio de 2015 |
Duración | 97 minutos[1] |
Orixe | Chile |
Recadación | 483 222 dólares[2] |
Na rede | |
El Club é un filme chileno de 2015 dirixido, coproducido e coescrito por Pablo Larraín. Estreouse na competición principal da 65ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín,[3] onde gañou o Gran Premio do Xurado.[4] Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5] En decembro de 2015 converteuse no segundo filme chileno que foi candidato ao Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa.[6]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Baixo a atenta mirada dunha muller que se ocupa deles, catro sacerdotes viven nunha pequena casa da localidade de La Boca. Todos eles cometeron actos censurables e atópanse nese retirado fogar castigados polas autoridades eclesiásticas. A muller á unha monxa e a casa serve de agocho para sacerdotes pecadores.
Todos conseguen establecer unha rutina adestrando un galgo de carreiras ata que un día chega un quinto sacerdote, un pederaste que lles lembra as desgrazas das súas vidas pasadas.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Alfredo Castro como Padre Vidal
- Roberto Farías como Sandokan
- Antonia Zegers como Madre Mónica
- Marcelo Alonso como Padre García
- Alejandro Goic como Padre Ortega
- Jaime Vadell como Padre Silva
- Alejandro Sieveking como Padre Ramírez
- José Soza como Padre Lazcano
- Francisco Reyes como Padre Alfonso
- Gonzalo Valenzuela como Gonzalo, surfeiro 1
- Diego Muñoz como Diego, surfeiro 2
- Catalina Pulido como Cata, rapaza surfeira
- Paola Lattus como vendedor de peixe
- Erto Pantoja como adestrador de cans 1
- Felipe Ríos como adestrador de cans 2
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (19 de febreiro de 2016). "The Club (18)". Consultado o 19 de febreiro de 2016.
- ↑ Box Office Mojo, ed. (7 de febreiro de 2016). "The Club (2016) - International Box Office Results". Internet Movie Database. Consultado o 19 de febreiro de 2016.
- ↑ berlinale.de (ed.). "Berlinale 2015: Competition Complete". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2015.
- ↑ Berlinale (ed.). "Prizes of the International Jury". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2006. Consultado o 14 de febreiro de 2015.
- ↑ Mango, Agustin (9 de setembro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Chile Selects 'The Club' for Foreign-Language Category". Consultado o 9 de setembro de 2015.
- ↑ González M., Rodrigo (10 de decembro de 2015). "Película chilena "El Club" es nominada a Globos de Oro". La Tercera. Arquivado dende o orixinal (SHTML) o 10 de decembro de 2015. Consultado o 10 de decembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Chile propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El Club na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)