Edward Emerson Barnard
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de decembro de 1857 Nashville, Estados Unidos de América |
Morte | 6 de febreiro de 1923 (65 anos) Williams Bay, Estados Unidos de América (pt) |
Outros nomes | E. E. Barnard |
Educación | Universidade Vanderbilt (pt) - doutor honoris causa (1883–1887) |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónomo, fotógrafo, profesor universitario |
Empregador | Observatório Lick (pt) (1887–1895) Universidade Vanderbilt (pt) , instructional staff (en) (1883–1887) Universidade de Chicago |
Membro de | |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Obálky knih, Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Edward Emerson Barnard, nado en Nashville o 16 de decembro de 1857 e finado o 6 de febreiro de 1923, foi un astrónomo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai morreu antes do seu nacemento e non recibiu educación formal. Aos nove anos converteuse en axudante dun fotógrafo. Desenvolveu interese pola astronomía e en 1881 descubriu o seu primeiro cometa, seguiu descubrindo máis cometas nos anos seguintes e os astrónomos afeccionados de Nashville recolleron fondos para que puidera estudar na Universidade de Vanderbilt, graduouse en 1887 e entrou a traballar no observatorio de Lick.
En 1892 observou unha nova e foi o primeiro en observar as emisións gasosas, deducindo que era unha explosión estelar. Nese ano descubriu Amaltea, o quinto satélite de Xúpiter.