Economía de Bangladesh
Economía de Bangladesh | |
---|---|
Moeda | Taka |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, SAFTA |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 311 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 44ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 6,1% (2012) |
PIB per cápita | 2 100 (2012) |
PIB por sector | agricultura 17,5%, industria, 28,5%, servizos 53,9% (2012) |
Inflación | 8,7% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 77.000.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 45%, industria 30%, servizos 25% (2008) |
Desemprego | 5% (2012) |
Industrias | xuta, algodón, roupas, papel, coiro, fertilizantes, ferro e aceiro, cemento, produtos de petróleo, tabaco, fármacos, cerámicas, té, sal, azucre, aceites comestibles, xabón e deterxentes, manufaturados de metal, electricidade e gas natural |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 26,25 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | roupas, téxtiles, produtos agrícolas, peixe e froitos do mar conxelados, xute e derivados, coiro |
Principais mercados | Estados Unidos 16,7%, Alemaña 12,5%, Reino Unido 8,4%, Francia 5% (2012) |
Importacións | 34,56 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, produtos químicos, ferro e aceiro, téxtiles, alimentos, derivados de petróleo, cemento |
Principais mercados | República Popular da China 19,5%, India 13,4%, Singapur 4,9%, Malaisia 4,7%, Corea do Sur 4,1% (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 28,07 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A economía de Bangladesh creceu unha media de 5 a 6% ao ano desde 1996 a pesar da pouca eficiencia das empresas estatais, da demora en explorar as reservas de gas natural, da escaseza de fontes de enerxía e da demora en facer reformas económicas.
Malia que a metade do produto interior bruto é xerado polo sector de servizos, case 2/3 da poboación vive da agricultura[1]. O desenvolvemento agrícola é dificultado pola elevada fragmentación da propiedade rural e polas choivas irregulares. A produción de alimentos, sobre todo de cereais, é destinada ao consumo interno. O principal cultivo industrial é o arroz, nas áreas de Mymensingh, Rangpur, Comilla e Dacca. A cría de vacún é grande, e os animais son destinados principalmente ao traballo no campo. Unha parte realmente grande da poboación (a 8ª maior do mundo) sofre de malnutrición crónica.
Situación
[editar | editar a fonte]Desde 1971 o país recibiu 30 billóns de dólares, e 15 xa foron desembolsados. Os maiores doantes son o Banco Mundial, o Banco Asiático de Desenvolvemento, o Programa de Desenvolvemento das Nacións Unidas, os Estados Unidos, Xapón, Arabia Saudita e Europa oriental. Con preto da metade da poboación por baixo da liña da pobreza, Bangladesh posúe o índice de pobreza máis alto do sueste asiático e o terceiro no mundo, por detrás da India e a China. Como outros países na mesma siuación de desenvolvemento, Bangladesh ten un gran déficit fiscal, e grandes deficiencias na calidade dos servizos sociais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2021. Consultado o 31 de outubro de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).