Dune (filme de 2021)
Dune | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dune |
Director | Denis Villeneuve |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Dune de Frank Herbert |
Intérpretes | |
Música | Hans Zimmer |
Fotografía | Greig Fraser |
Montaxe | Joe Walker |
Estudio | Legendary Pictures |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | Festival de Venecia: 3 de setembro de 2021 22 de outubro de 2021 |
Duración | 156 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción e épica |
Orzamento | 165 millóns de dólares[2] |
Recadación | 400,2 millóns de dólares[3][4] |
Filme seguinte | Dune: Part Two |
Na rede | |
https://www.dunemovie.net | |
|
Dune (titulado en pantalla Dune: Part One) é un filme de ciencia ficción de 2021 dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Eric Roth, Jon Spaihts e o propio Villeneuve.[5] É unha coprodución internacional dos Estados Unidos, o Reino Unido, o Canadá e Hungría e constitúe a primeira entrega de dous filmes baseados nunha nova versión revisada fiel á novela homónima de 1965 de Frank Herbert.[6][7]
Está protagonizada por Timothée Chalamet, Rebeca Ferguson, Oscar Isaac, Josh Brolin, Stellan Skarsgård, Dave Bautista, Stephen McKinley Henderson, Zendaya, David Dastmalchian, Chang Chen, Sharon Duncan-Brewster, Charlotte Rampling. Jason Momoa e Javier Bardem.
A rodaxe deu inicio o 18 de marzo de 2019 nos estudos Origo Filme de Budapest así como en Xordania. A súa estrea nos Estados Unidos foi anunciada inicialmente para o 20 de novembro de 2020 en 3D e IMAX.[8] Debido á pandemia do coronavirus pospúxose para o 18 de decembro do mesmo ano.[9] Con todo, posteriormente anunciouse o seu atraso até o 1 de outubro de 2021, así como a súa estrea simultánea en salas e na plataforma de streaming HBO Max.[10][11] Finalmente decidiuse atrasar a chegada de Dune tres semanas máis, ao 22 de outubro, sendo a súa proxección internacional programada con máis dun mes de antelación á estrea estadounidense, a partir do 15 de setembro.[12] A premier foi presentada o 3 de setembro de 2021 na 78ª edición do Festival Internacional de Cine de Venecia.[13][14][15]
Tras a súa distribución, Legendary Pictures confirmou que Dune: Part Two sería dirixida de novo por Denis Villeneuve e protagonizada por Timothée Chalamet e Zendaya. A estrea desta segunda parte está programada para outubro de 2023.[16]
Sinopse
[editar | editar a fonte]En 10191, o duque Leto da Casa Atreides, gobernante do planeta oceánico Caladan, é asignado polo emperador Padishah Shaddam Corrino IV para substituír a Casa Harkonnen como gobernante do feudo de Arrakis. Arrakis é un inhóspito planeta desértico e a única fonte de "especia", unha valiosa substancia que estende a vitalidade humana e é fundamental para as viaxes interestelares. En realidade, Shaddam ten a intención de que a Casa Harkonnen organice un golpe para recuperar o planeta coa axuda das tropas Sardaukar do Emperador, erradicando a Casa Atreides, cuxa influencia ameaza o control de Shaddam. Leto está preocupado, pero ve a posibilidade de aliarse coa poboación nativa de Arrakis, os Fremen, como o primeiro paso para aumentar a posición dos Atreides no Landsraad, o corpo político que representa todas as casas nobres.
A concubina de Leto, Lady Jessica, é unha acólita de Bene Gesserit, unha irmandade exclusiva que exerce habilidades físicas e mentais avanzadas. Aínda que Jessica recibiu instrucións da Bene Gesserit de ter unha filla cuxo fillo se convertería no mesiánico Kwisatz Haderach, por amor a Leto tivo en cambio un fillo, Paul. Ao longo da súa vida, Paul é adestrado polos axudantes de Leto, Duncan Idaho, Gurney Halleck e o Mentat Thufir Hawat, mentres que Jessica adestra a Paul nas disciplinas Bene Gesserit. Paul confíalles a Jessica e Duncan que está preocupado por visións do futuro. Debido á súa presciencia en desenvolvemento, a Reverenda Nai Gaius Helen Mohiam chega a Caladan e somete a Paul a unha proba mortal para avaliar o seu control de impulsos, que supera. Máis tarde, Mohiam transmite ao patriarca da Casa, o barón Vladimir Harkonnen, a necesidade de que perdoe a Paul e Jessica durante o seu golpe, accedendo este de forma enganosa.
A Casa Atreides chega a Arrakeen, o bastión de Arrakis que antes estaba nas mans da Casa Harkonnen, onde Idaho e un grupo de avanzada estiveron aprendendo sobre o seu mundo e os Fremen. Leto negocia con Stilgar, o cacique dos Fremen, e atópase coa doutora Liet-Kynes, planetóloga e xuíza imperial. Kynes informa a Leto, Paul e Halleck sobre os perigos da recolección de especia, incluídos os vermes de area xigantes que viaxan baixo o deserto. Durante un voo, ven un verme de area que se achega a un recolledor de especia activo coa tripulación varada. Esta é rescatada antes de que o verme da area a trague. A exposición de Paul ao aire cargado de especia provoca intensas premonicións.
Despois dun atentado contra a vida de Paul por parte dun axente Harkonnen, Leto pon os seus soldados en alerta máxima. O Doutor Suk Wellington Yueh desactiva os escudos protectores de Arrakeen e permite que as tropas Harkonnen e Sardaukar atafeguen as forzas Atreides. Yueh incapacita a Leto e dille que fixo un trato para entregalo ao barón a cambio da súa esposa capturada. Yueh substitúe un dos dentes de Leto por unha cápsula de gas venenoso e morre despois de entregar o Duque en mans do barón. Leto libera o gas venenoso, matando os membros da corte do barón e a si mesmo, pero o barón sobrevive. Idaho escapa e rouba un ornitóptero, pero Paul e Jessica son capturados. Os Harkonnen lévanos ao deserto para morrer, pero domínanos usando a "Voz". Ao atopar un equipo de supervivencia que Yueh lles deixou, Paul e Jessica pasan a noite nunha tenda de campaña. Paul experimenta visións dunha próxima "guerra santa" que se estende por todo o universo baixo o seu nome.
O barón entrega o mando de Arrakis ao seu sobriño Rabban e ordénalle vender reservas de especia e reiniciar a produción para remunerar o custo do golpe. Paul e Jessica son atopados por Idaho e Kynes e diríxense a unha antiga estación de investigación, pero os Sardaukar localízaos rapidamente. Duncan e varios Fremen sacrifícanse para permitir que Jessica, Paul e Kynes escapen das instalacións. Kynes, emboscada polas tropas de Sardaukar, atrae un verme das areas que os devora xunto con ela. Paul e Jessica chegan ao deserto profundo e atópanse cos Fremen, entre eles Stilgar e Chani, a moza das visións de Paul. O guerreiro Fremen Jamis protesta pola súa admisión e morre a mans de Paul nun duelo ritual a matar. Contra os desexos de Jessica, Paul únese aos Fremen coa intención de traer a paz a Arrakis.[17][18][19]
Produción
[editar | editar a fonte]Elenco
[editar | editar a fonte]- Timothée Chalamet como Paul Atreides, o herdeiro ducal da Casa Atreides.
- Rebecca Ferguson como Lady Jessica, nai de Paul e consorte do duque Leto.
- Oscar Isaac como Duque Leto Atreides, pai de Paul e duque da Casa Atreides outorgado coa custodia de Arrakis.
- Josh Brolin como Gurney Halleck, o mestre de armas da Casa Atreides e un dos mentores de Paul.
- Stellan Skarsgård como Barón Vladimir Harkonnen, Barón da Casa Harkonnen, inimigo da Casa Atreides e antigo administrador de Arrakis.
- Dave Bautista como Glossu Rabban, o sobriño do barón Harkonnen.
- Stephen McKinley Henderson como Thufir Hawat, o Mentat da Casa Atreides.
- Zendaya como Chani, unha misteriosa moza Fremen que aparece nas visións de Paul.
- David Dastmalchian como Piter De Vries, o Mentat da Casa Harkonnen.
- Chang Chen como Dr. Wellington Yueh, un doutor Suk doctor ao servizo da Casa Atreides.
- Sharon Duncan-Brewster como Dr. Liet-Kynes, o ecoloxista imperial e xuíz do cambio en Arrakis.
- Charlotte Rampling como Gaius Helen Mohiam
- Jason Momoa como Duncan Idaho, o mestre da espada da casa Atreides e un dos mentores de Paul.
- Javier Bardem como Stilgar, o líder da tribo Fremen en Sietch Tabr.
- Babs Olusanmokun como Jamis, un Fremen de Sietch Tabr.
- Benjamin Clementine como Herald of the Change, xefe dunha delegación imperial en Caladan
- Golda Rosheuvel como Shadout Mapes, unha Fremen que traballa como empregada do fogar da Casa Atreides.
- Roger Yuan como Tenente Lanville, segundo ao mando de Gurney Halleck.[20]
O 12 de xullo de 2018 informouse que a produción de Dune se iniciaría no mes de febreiro de 2019, tendo lugar nos estudos Orgio Filme, en Budapest (Hungría), onde Villeneuve rodou a súa anterior película, Blade Runner 2049.[21] Case unha semana despois confirmouse que Timothée Chalamet se atopaba en negociacións para protagonizar as dúas partes da biloxía do director canadense.[22] O 26 do mesmo mes, e segundo un chío de Brian Herbert, confirmábase que o director preparaba dous filmes ambientados no desértico planeta Arrakis.[23]
Música
[editar | editar a fonte]Hans Zimmer foi elixido como responsable da banda sonora da película.[24][25] Zimmer afirmou que iniciou a composición de Dune cerca do comezo da produción da película en marzo de 2019.[26] O compositor traballara xa con Villeneuve en Blade Runner 2049. Previamente á súa elección, o director británico Christopher Nolan dirixiuse a Zimmer para compor a que sería a súa próxima película, Tenet, pero este último optou por Dune xa que declarou que lle encantaba o libro.[27]
A música de fondo incluída no primeiro tráiler oficial foi o clásico tema de Pink Floyd de 1973 Eclipse, con arranxos de Zimmer.[28]
Rodaxe
[editar | editar a fonte]A produción deu inicio o 18 de marzo de 2019 nos estudos Origo Filme de Budapest, así como en Xordania.[29][8]
O 20 de xullo de 2019 finalizou a rodaxe da primeira película do libro.[30]
Segundo un informe de Deadline do 18 de xuño de 2020, o equipo de rodaxe preparouse para realizar filmacións adicionais durante agosto en Europa: «O equipo planea regresar a Budapest, Hungría, onde se filmou a película en 2019 nos Origo Filme Studios». A mesma revista confirmou que a refilmación «non causará un atraso e Dune estrearase a tempo na data que segue prevista para os Estados Unidos, o 18 de decembro».[31] Finalmente, a data do trinque foi cambiada para o 2021 por outras razóns alleas á rodaxe.
Estrea internacional
[editar | editar a fonte]En maio de 2021, Variety informou que Dune estaba en conversacións para realizar a súa estrea mundial no Festival Internacional de Cine de Venecia.[32] A través dun novo informe da mesma revista especulouse que a adaptación tería un lanzamento exclusivo en cines, sendo isto desmentido pouco despois.[33][34] O 17 de xuño confirmouse que Dune sería presentada na 78ª edición do Festival de Cine de Venecia fóra de competición.
A premier da película proxectouse o venres 3 de setembro na Sala Grande do Palacio do cine no Lido de Venecia.[13][14][15] Tres días despois estreouse nunha proxección especial en Le Grand Rex en París, Francia.[35]
Recepción
[editar | editar a fonte]Crítica
[editar | editar a fonte]Tras o seu premier no Festival de Cine de Venecia, Dune recibiu unha acollida xeralmente positiva por parte dos críticos, pero dividiu a algúns deles.[36][37] Na páxina web de críticas e recensións Rotten Tomatoes a película obtivo un índice de aprobación do 83% sobre unha base de 436 recensións, cunha cualificación media de 7.6/10. O consenso dos críticos da páxina web di: "Dune loita ocasionalmente co seu complexo material orixinal, pero eses aspectos vense eclipsados en gran medida polo alcance e a ambición desta adaptación visualmente emocionante".[38] En Metacritic, a película obtivo unha puntuación media ponderada de 74 sobre 100, baseado en 66 críticas, o cal indica "críticas xeralmente favorables".[39] As audiencias enquisadas por CinemaScore déronlle á película unha cualificación media de "A–" nunha escala de A+ a F, mentres que PostTrak informou que os espectadores deron unha puntuación positiva do 84% (cunha cualificación media de 4.5 de 5 estrelas) e o 66% dixo que definitivamente a recomendaría.[40]
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Premio | Día da cerimonia | Categoría | Destinatarios | Resultado |
---|---|---|---|---|
American Filme Institute Awards | 7 de xaneiro de 2022 | As dez mellores películas do ano | Dune | Gañador |
Hollywood Music in Media Awards | 17 de novembro de 2021 | Mellor banda sonora orixinal nunha película de ciencia ficción/fantasía | Hans Zimmer | Gañador |
National Board of Review | 3 de decembro de 2021 | As dez mellores películas de 2021 | Dune | Gañador |
Washington D.C. Area Filme Critics Association Awards | 6 de decembro de 2021 | Mellor director | Denis Villeneuve | Nomeado |
Mellor guión adaptado | Jon Spaihts, Denis Villeneuve e Eric Roth | Nomeado | ||
Mellor fotografía | Greig Fraser | Gañador | ||
Mellor deseño de produción | Patrice Vermette, Richard Roberts e Zsuzsanna Sipos | Gañador | ||
Mellor edición | Joe Walker | Nomeado | ||
Mellor partitura | Hans Zimmer | Gañador | ||
Atlanta Filme Critics Circle Awards | 6 de decembro de 2021 | Mellor película | Dune | Décimo lugar |
Mellor partitura | Hans Zimmer | Gañador | ||
Premios Satellite | 5 de xaneiro de 2022 | Mellor película/drama | Dune | Pendente |
Mellor director | Denis Villeneuve | |||
Mellor guión adaptado | Denis Villeneuve, Eric Roth e Jon Spaihts | |||
Mellor fotografía | Greig Fraser | |||
Mellor montaxe cinematográfica | Joe Walker | |||
Mellor dirección de arte e deseño de produción | Patrice Vermette, Richard Roberts e Zsuzsanna Sipos | |||
Mellor deseño de vestiario | Jacqueline West | |||
Mellor partitura orixinal | Hans Zimmer | |||
Mellor son (edición e mestura) | Mac Ruth, Mark A. Mangini, Theo Green, Doug Hemphill e Ron Bartlett | |||
Mellores efectos visuais | Paul Lambert, Tristan Myles, Brian Connor e Gerd Nefzer | |||
Premios Grammy | 31 de xaneiro de 2022 | Mellor álbum de banda sonora para medio visual | Hans Zimmer[41] | Pendente |
Futuro
[editar | editar a fonte]O 12 de abril de 2021, o guionista Eric Roth declarou que escribira un tratamento completo para a posible secuela, e en agosto do mesmo ano, Villeneuve avanzaba que Zendaya, que dá vida a Chani, se poría á fronte da repartición na segunda parte, aínda que non se confirmara oficialmente.[42][43]
Finalmente, e tras diversos rumores e especulacións, o 26 de outubro de 2021 Legendary Pictures e Warner Bros. confirmaron Dune: Part Two, establecendo a súa data de estrea para o 20 de outubro de 2023.[16]
Hans Zimmer volverá a compor a banda sonora da película, e próximo ao momento en que se deu luz verde á segunda parte, xa completara unha hora e media de música nova para axudar a inspirar a Villeneuve a preparala.[44][45]
Triloxía
[editar | editar a fonte]Nunha entrevista, Villeneuve non descartou que Dune chegase a ser unha triloxía, baseándose na novela de Herbert Dune Messiah para Dune: part 3.[46][47]
Noutros medios
[editar | editar a fonte]Serie de televisión
[editar | editar a fonte]O 10 de xuño de 2019 deuse a coñecer que, xunto á película, Legendary Television produciría unha serie de televisión para o servizo de streaming de WarnerMedia, HBO Max, cuxo título sería Dune: The Sisterhood. A serie centraríase na irmandade Bene Gesserit e serviría como precursor da película. Villeneuve dirixiría o episodio piloto con Spaihts escribindo o guión, sendo ambos os produtores executivos xunto a Brian Herbert.[48][49][50] Con todo, o 6 de novembro de 2019 informouse que Spaihts abandonaba o proxecto por desacordos coa produtora Legendary Television.[51] O 23 de xullo de 2021, notificouse que a serie precursora atopara un novo autor-produtor, Diane Ademu-John.[52]
Videoxogos
[editar | editar a fonte]O 27 de febreiro de 2019, informouse que a empresa de videoxogos Funcom alcanzara un acordo en exclusiva con Legendary Studios para desenvolver xogos baseados nas obras literarias de Frank Herbert.[53]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dune (12A)". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2021.
- ↑ Fleming, Mike Jr.; Bart, Peter (7 de decembro de 2020). "Bart & Fleming: While WGA, CAA & WME Fight In Court, Streamers Rewrite Movie Paydays; Will Legendary Challenge WarnerMedia Over 'Dune' & Godzilla Vs. Kong' HBO Max Move?". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2020. Consultado o 7 de decembro de 2020.
- ↑ "Dune". Consultado o 16 de febreiro de 2022.
- ↑ "Dune". Consultado o 16 de febreiro de 2022.
- ↑ "Dune: First 10 minutes previewed (SPOILERS)". 2021-07-21.
- ↑ Gimeno, Santiago (5 de xuño de 2019). "La adaptación de 'Dune' de Denis Villeneuve respetará al máximo la novela de Frank Herbert". sensacine.com. Consultado o 7 de xuño de 2019.
- ↑ Davids, Brian (21 de xuño de 2019). "Why Dave Bautista Risked His Career to Defend James Gunn" (en inglés). The Hollywood Reporter. Consultado o 23 de xuño de 2019.
- ↑ 8,0 8,1 "Cameras Roll on Warner Bros. Pictures and Legendary Entertainment’s Epic Adaptation of “Dune”" (en inglés). Business Wire. 18 de marzo de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ D'Alessandro, Anthony (2 de agosto de 2019). "Warner Bros. Dates Baz Luhrmann Elvis Presley Movie, Shifts Dune & More". Deadline Hollywood. Consultado o 2 de agosto de 2019.
- ↑ Albertini (5 de outubro de 2020). "'Dune' se retrasa: la prometedora película de Denis Villeneuve no llegará a los cines hasta otoño de 2021". Espinof. Consultado o 5 de outubro de 2020.
- ↑ Tones, John (3 de decembro de 2020). "'Dune', 'Matrix 4' y el resto del catálogo de Warner de 2021 se estrenarán simultáneamente en streaming en HBO Max y en cines". Xataka. Consultado o 4 de decembro de 2020.
- ↑ "Warner vuelve a retrasar varias semanas el estreno de ‘Dune’". Cinemanía. 26 de xuño de 2021. Consultado o 26 de xuño de 2021.
- ↑ 13,0 13,1 "Villeneuve presentará su nueva película "Dune" en el Festival de Venecia". SWI swissinfo.ch. 17 de xuño de 2021. Consultado o 17 de xuño de 2021.
- ↑ 14,0 14,1 "Dune, by director Denis Villeneuve, to have world premiere at the 78th Venice Film Festival". La Biennale di Venezia 2021. Consultado o 3 de setembro de 2021.
- ↑ 15,0 15,1 Martínez, Luis (3 de setembro de 2021). "Y 'Dune', por fin, se hizo carne y habitó entre los clásicos". El Mundo. Consultado o 3 de setembro de 2021.
- ↑ 16,0 16,1 Pinedo, Ebenizer (26 de outubro de 2021). "‘Dune 2’ ya es oficial: Legendary confirma la segunda parte de la película de Denis Villeneuve". Hipertextual. Consultado o 26 de outubro de 2021.
- ↑ "Dune de Denis Villeneuve se estrenará en noviembre de 2020". Europa Press. 17 de febreiro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2019.
- ↑ Vega Garrandés, Cristina (18 de marzo de 2019). "Sinopsis oficial de 'Dune' de Denis Villeneuve para celebrar el comienzo del rodaje". sensacine.com. Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ Martín, Cynthia (16 de abril de 2019). "Jason Momoa dice que 'Dune' es mucho "más grande" que 'Juego de tronos' o 'Aquaman'". Fotogramas. Consultado o 18 de abril de 2019.
- ↑ Gabriel, Marcus (23 de marzo de 2021). "Roger Yuan Reveals His Role in Dune Movie Sequel". DuneNewsNet.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ Consuegra, Mario (12 de xullo de 2018). "Denis Villeneuve comenzará la producción de Dune en febrero de 2019". cines.com. Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ Arcones, Juan (17 de xullo de 2018). "Timothée Chalamet, en negociaciones para protagonizar el 'Dune' de Villenueve". Fotogramas. Consultado o 17 de xullo de 2018.
- ↑ "Confirmado: Denis Villeneuve adaptará ‘Dune’ en dos partes". Cinemanía. 24 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2019. Consultado o 26 de xullo de 2018.
- ↑ Moreno, Ismael (18 de marzo de 2019). "Hans Zimmer compondrá la banda sonora de Dune". Areajugones.es. Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ Lipworth, Elaine (17 de xullo de 2019). "Hans Zimmer no trabajará con Christopher Nolan por primera vez en una década". Areajugones.es. Consultado o 18 de xullo de 2019.
- ↑ "Cameras Roll on Warner Bros. Pictures and Legendary Entertainment's Epic Adaptation of Dune". 18 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ Barfield, Charles (16 de xullo de 2019). "Hans Zimmer Explains Why He Chose ‘Dune’ Over Christopher Nolan’s Latest & Says He Never Saw The David Lynch 1984 Film". The Playlist. Consultado o 30 de agosto de 2019.
- ↑ González, Alberto (10 de setembro de 2020). "Dune: el tráiler de la película esconde un guiño a la versión fallida de Alejandro Jodorowsky". Vandal. Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ Mcnary, Dave (15 de febreiro de 2019). "Denis Villeneuve’s ‘Dune’ Gets November 2020 Release Date" (en inglés). Variety. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ Preston, Richard E. (24 de xullo de 2019). "Dune movie wraps production, “Dune: The Sisterhood” gets a showrunner" (en inglés). FanSided. Consultado o 25 de xullo de 2019.
- ↑ Quinteros, Paulo (18 de xuño de 2020). "La primera película de Dune tendrá refilmaciones en agosto". La Tercera. Consultado o 18 de xuño de 2020.
- ↑ Luna, Mishel (14 de maio de 2021). "Dune podría estrenarse en el Festival de Cine de Venecia". Tomatazos. Consultado o 15 de maio de 2021.
- ↑ Terracota, Sofi (17 de maio de 2021). "Dune tendrá lanzamiento exclusivo en cines". Tomatazos. Consultado o 18 de maio de 2021.
- ↑ Cazallas, Javier (19 de maio de 2021). "Una ejecutiva de Warner desmiente que Dune se vaya a estrenar antes en cines que en HBO Max". Hobbyconsolas. Consultado o 19 de maio de 2021.
- ↑ "‘Dune’ de Denis Villeneuve llegó a París". Revista Única. 6 de setembro de 2021. Consultado o 7 de setembro de 2021.
- ↑ Lewis, Isobel (5 de xaneiro de 2021). "Dune: Critics divided over Denis Villeneuve’s ‘dazzling’ and ‘boring’ sci-fi adaptation". Consultado o 8 de xaneiro de 2021.
- ↑ Nedd, Alexis (4 de setembro de 2021). "The first 'Dune' reviews are up. Here's what critics have to say.".
- ↑ "Dune". Rotten Tomatoes. Consultado o 10 de decembro de 2021.
- ↑ "Dune". Metacritic. Consultado o 10 de decembro de 2021.
- ↑ Anthony D'Alessandro (22 de outubro de 2021). "'Dune' Shifting Between $30M-$32M Opening Weekend – Friday Midday Box Office Update".
- ↑ Lewis, Hilary (23 de novembro de 2021). "Grammys: Jon Batiste Tops With 11 Nominations as Recording Academy Expands General Field Categories". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2021.
- ↑ Serrano, Alejandro (12 de abril de 2021). "El coguionista de “Dune” Eric Roth habla sobre la adaptación: «Espectacular»". Fantasymundo. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ "Zendaya será la protagonista de 'Dune 2', según Denis Villeneuve". Fotogramas. 17 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021.
- ↑ "Hans Zimmer to Return for Denis Villeneuve's 'Dune: Part Two'". 26 de outubro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2021.
- ↑ Desowitz, Bill (20 de outubro de 2021). "'Dune': How Composer Hans Zimmer Invented a Retro-Future Musical Sound for the Arrakis Desert Planet". Consultado o 30 de outubro de 2021.
- ↑ "Denis Villeneuve no descarta que ‘Dune’ sea unha trilogía". Cinemanía. 22 de agosto de 2021. Consultado o 23 de agosto de 2021.
- ↑ "No hay dos sin tres: Denis Villeneuve quiere hacer "al menos tres" películas de 'Dune'". Cinemanía. 28 de outubro de 2021. Consultado o 28 de outubro de 2021.
- ↑ "Denis Villeneuve prepara una serie de ‘Dune’ para expandir el universo de ciencia ficción". La Vanguardia. 11 de xuño de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ Goldberg, Lesley (10 de xuño de 2019). "'Dune: The Sisterhood' TV Series a Go at WarnerMedia" (en inglés). The Hollywood Reporter. Consultado o 10 de xuño de 2019.
- ↑ Otterson, Joe (10 de xuño de 2019). "‘Dune’ Series Ordered at WarnerMedia Streaming Service, Denis Villeneuve to Direct" (en inglés). Variety. Consultado o 10 de xuño de 2019.
- ↑ "‘Dune: The Sisterhood’ se queda sin showrunner". Cinemanía. 6 de novembro de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ "La serie precuela de ‘Dune’ encuentra su showrunner en ‘La mansión de Bly Manor’". Cinemanía. 23 de xullo de 2021. Consultado o 23 de xullo de 2021.
- ↑ Castellano, Álvaro (27 de febreiro de 2018). "Habrá, al menos, tres nuevos videojuegos sobre Dune". 3djuegos.com. Consultado o 27 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dune |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2021
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de 2021 en 3D
- Filmes dirixidos por Denis Villeneuve
- Filmes con banda sonora de Hans Zimmer
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de Legendary Pictures
- Filmes rodados en Noruega
- Filmes rodados nos Emiratos Árabes Unidos
- Filmes rodados en Xordania
- Filmes rodados en Budapest
- Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19
- Filmes ambientados no futuro
- Filmes sobre familias
- Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX