Saltar ao contido

Doutor Guero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Doutor Guero (Dr. ゲロ?) tamén chamado C-20, é un personaxe de ficción da serie manga e anime Dragon Ball. Trátase do científico creador dos androides.

Biografía

[editar | editar a fonte]

O Doutor Guero era un dos científicos que traballaban na sección de enxeñería robótica do Exército Red Ribbon, creando maquinaria militar e diversos androides. A súa máxima creación foi Hatchan, unha especie de Frankenstein pacifista. Cando Son Goku desmantelou ó exército Red Ribbon, o Dr. Guero recolleu os seus traballos e fuxiu a un laboratorio secreto perdido entre as montañas, onde continuou co seu traballo co único fin de vingarse de Son Goku. Para iso, enviou un pequeno robot-espía, para que vixiara a Goku e ós seus compañeiros, estudara as súas técnicas de combate e adquirira as súas células en segredo.

Durante moitos anos, o Dr. Guero perfeccionou a súa técnica e creou ós androides C-16, C-17, C-18, C-19 e a súa maior creación: Célula. A súa loucura era tal, que el mesmo se converteu noutro androide grazas á axuda de C-19, pasando a ser C-20. Unha característica importante é o dispositivo que ten nas palmas de ambas mans, que lle permite absorber a enerxía do rival.

Tamén creou a C-13, C-14 e C-15, que foron rematados e activados polo ordenador central do seu laboratorio. Apareceron unicamente no filme Os tres grandes superguerreiros.

O espertar dos Androides

[editar | editar a fonte]

Coa chegada de Toranks do futuro, Son Goku e compañía estaban alertados da existencia dos androides. Aínda avisados, C-20 xunto a C-19 aparecen na cidade onde Toranks dixo que aparecerían e collen por sorpresa a Yamcha. C-20 absorbeu a enerxía de Yamcha e atravesoulle o peito, deixándoo a piques de morrer.

Pero Son Goku e os seus amigos decatáronse do ataque e presentáronse diante dos dous androides. C-20 permite a C-19 combater contra Son Gokū, ó cal vence grazas a que Son Goku sufriu un ataque da súa doenza cardíaca. Pero a súa alegría non durou moito, xa que Vexeta chegou e, converténdose en Superguerreiro, derrota ó número 19 arrancándolle primeiro as súas dúas mans e guindándolle unha bóla de enerxía. Visto o ocorrido, o Doutor Guero (C-20) decide fuxir ó seu laboratorio secreto. Dentro del, decide espertar ós androides C-17 e C-18 (a ditos androides considerábaos como os seus fillos). A diferenza do resto, estes dous androides antes eran humanos, algo que non perdoarán xamais ó Doutor Guero. Aínda sabendo que o odian a morte, C-20 actívaos pero cun ás baixo a manga; un dispositivo de destrución. Pero C-17 e C-18 conseguiron arrebatarlle o dispositivo e C-17 cortoulle a cabeza para posteriormente pisala, e acabar coa súa vida.

Creando o androide perfecto

[editar | editar a fonte]

Coa súa morte, o Doutor Guero foi dar ó inferno, onde coincidiu co Doutor Myu, creador de Bebé. Os dous científicos tolos tiñan unha cousa en común: desexaban vingarse de Son Goku. Xuntos, traballaron para crear a Súper C-17, o cal tiña a función de unirse co orixinal, que andaba pola Terra.

Artellaron unha estratexia para saír do inferno e poder chegar á Terra. Conseguiron abrir unha fenda temporal entre o inferno e a Terra, onde conseguiron saír e ademais encerrar a Son Goku. Na Terra, por fin atoparon ó C-17 orixinal. Coa fusión dos dous C-17 obtiveron ó androide definitivo. Este tamén matou o Doutor Guero, xa que só obedecía ó Doutor Myu, que non tiña gana de compartir a vitoria.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]