Douai
Localización | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Estado | Francia | ||||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||||
Rexións | Altos de Francia | ||||||
Departamento | Norte, Francia | ||||||
Distritos | arrondissement of Douai (en) ![]() ![]() | ||||||
Capital de | canton of Douai-Nord-Est (en) ![]() canton of Douai-Sud-Ouest (en) ![]() canton of Douai-Nord (en) ![]() arrondissement of Douai (en) ![]() canton of Douai-Sud (en) ![]() Norte, Francia (1790–1803) canton of Douai (en) ![]() ![]() | ||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 39.833 (2022) ![]() | ||||||
Xeografía | |||||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921416 ![]() Q3551004 ![]() ![]() | ||||||
Superficie | 16,88 km² ![]() | ||||||
Altitude | 38 m-16 m ![]() | ||||||
Comparte fronteira con | |||||||
Datos históricos | |||||||
Evento clave
| |||||||
Organización política | |||||||
• Alcalde ![]() | Frédéric Chéreau (2014–) ![]() | ||||||
Identificador descritivo | |||||||
Código postal | 59500 ![]() | ||||||
Fuso horario | |||||||
Outro | |||||||
Irmandado con | |||||||
Sitio web | douai.fr ![]() | ||||||
![]() ![]() |
Douai (Dowaai en neerlandés), é unha cidade e comuna francesa situada no departamento de Norte, na rexión Norte-Paso de Calais, que é a capital da comarca do douaisis.
Douai, que tivo a súa orixe no asentamento romano de Castellum Duacum ou Duacum, desenvolveuse como cidade sede dunha importante universidade católica e un rico centro téxtil de Flandres durante o dominio dos Habsburgo españois desde o século XVI até o século XVII.
Tras incorporarse á coroa de Francia no século XIX creceu impulsada pola revolución industrial e, tras a segunda guerra mundial, como centro da industria mineira do norte de Francia. A crise económica do sector e a reconversión industrial dos anos 1980 causou unha perda da poboación, que se recuperou a finais dos anos 1990 tras a orientación económica da cidade cara ao sector da automoción.
O Beffroi de Douai, un edificio ricamente ornamentado do século XVI, forma parte do conxunto de beffrois, un tipo de torres cívicas, campanarios municipais de Bélxica e Francia clasificados Patrimonio UNESCO da Humanidade.
Así mesmo, o desfile procesional dos xigantes Gayant, manifestación do folclore de Flandres, está catalogado como unha das obras mestras do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Douai ![]() |