Saltar ao contido

Doja Cat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDoja Cat

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(zu) Amala Ratna Zandile Dlamini Editar o valor en Wikidata
21 de outubro de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Tarzana (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Outros nomesDoja Cat Editar o valor en Wikidata
ResidenciaRye
Agoura Hills (pt) Traducir
Oak Park (pt) Traducir
Beverly Hills Editar o valor en Wikidata
EducaciónRamon C. Cortines School Of Visual And Performing Arts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrapeira, compositora de cancións, cantante, produtora musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica hip hop, música pop, R&B contemporáneo e Pop rap (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoRCA Records
Kemosabe Records Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaJoseph Quinn (2024–)
Jawny (2019–2020) Editar o valor en Wikidata
PaiDumisani Dlamini Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Páxina webdojacat.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm9798310 Allocine: 939749 Metacritic: person/doja-cat
Facebook: DojaCat Twitter: dojacat Instagram: dojacat Youtube: UCzpl23pGTHVYqvKsgY0A-_w TikTok: dojacat Twitch: dojacattington Souncloud: amalaofficial Spotify: 5cj0lLjcoR7YOSnhnX0Po5 iTunes: 830588310 Last fm: Doja+Cat Musicbrainz: 5df62a88-cac9-490a-b62c-c7c88f4020f4 Songkick: 8030683 Discogs: 3970719 Allmusic: mn0003341964 Deezer: 5578942 Genius: Doja-cat Editar o valor en Wikidata
Doja Cat en decembro de 2018 interpretando con motivo dunha festa pola saída do seu segundo álbum, Hot Pink

Amalaratna Zandile Dlamini[1], nada nos Ánxeles o 21 de outubro de 1995[2] coñecida profesionalmente como Doja Cat, é unha cantante, rapeira, e letrista[3] estadounidense. Fíxose popular en 2018 co lanzamento do vídeo musical da súa canción "Mooo!", que se converteu en viral. Posteriormente, asentou a súa carreira como creadora de vídeos musicais e cancións que acadaron ampla difusión en Internet, especialmente en aplicacións socias como TikTok[4].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de artistas no barrio de Tarzana na cidade dos Ánxeles.[5][6] Súa nai, Deborah Elizabeth Sawyer, é unha pintora xudía-norteamericana [7] e seu pai, Dumisani Dlamini, é un actor, compositor e produtor de cine surafricano de etnia zulú, coñecido pola súa participación no filme Sarafina!.[8][9] Logo do seu nacemento, a familia viviu durante cinco anos en Rye, localidade do estado de Nova York[10] para despois mudarse con súa nai para Oak Park en California; foi esta unha época da súa infancia na que practicou variados deportes[11], en especial patinaxe e no verán ía a Malibú a campamentos de surf. Tamén asistiu a clases de ballet, claqué e jazz [1], na súa casa era habitual escoitar a súa nai cantando temas de artistas como D ' Angelo, Jamiroquai, Tupac, Earth, Wind & Fire ou Erykah Badu[12]. Con once anos viviu durante catro anos nun mosteiro hinduísta (asharm) en Sherman Oaks na cidade dos Ánxeles[13][14][15]. Durante este tempo recibiu clases de breakdance e formou parte dun grupo de competición.

Con 16 anos deixou o instituto durante o primeiro ano[16][17] e nos meses seguintes subiu cancións a SoundCloud que axiña retiraba, ata "So High" a finais de 2012[7]. Foi nesa época que estableceu o seu nome artístico, Doja Cat, por un dos seus gatos e por unha variedade de marihuana"[18].

En 2014 asinou con RCA Records para gravar co selo de Dr Luk, Kemosabe Records[19]. O seu primeiro EP foi Purrr!, que a crítica definiu como R&B con influencia oriental[20], incluíase o tema "So High" que se relanzou como un sinxelo un pouco antes. A canción tamén apareceu no terceiro episodio da serie de televisión Empire[21][5]. Doja Cat continuou a subir música en SoundCloud. A mediados De 2015, o rapeiro OG Maco anunciou que Doja Cat asinara con súa compañía, OGG.[22] e a a finais de 2016, os dous artistas colaboraron en "Monster" do mixtape Children of the Rage (2017)[23]. Outras colaboracións desa época foron con Elliphant de Kemosabe ou con compañeiros de Soundcloud como Skoolie Escobar, Pregnant Boy e frumhere.

O 1 de febreiro de 2018 saíu o sinxelo "Roll with Us", que entrou na Global Viral 50 de Spotify[24] e o 9 de marzo apareceron "Candy" e "Go to Town", este último acompañado dun vídeo musical[25]e que recibiu eloxios pola súa voz delicada e a súa letra encantadora[26]. O 30 de marzo de 2018 editouse o seu primeiro álbum de estudio, Amala[27].

O 10 de agosto de 2018 Doja Cat cargou en YouTube o vídeo musical, autopublicado completamente, "Mooo!". O tema constitúe unha canción humorística con letras absurdas nas que fantasía con ser unha vaca[28]. O vídeo logrou a atención e os eloxios de artistas como Chance the Rapper, Katy Perry ou Chris Brown[19] Debido á demanda popular tras o éxito do vídeo, Doja Cat lanzou un sinxelo de "Mooo!" o 31 de agosto de 2018[29]. En febreiro de 2019 lanzou o sinxelo e vídeo de "Tia Tamera", con Rico Nasty, e pouco despois apareceu unha edición de luxo de Amala[30] que incluía tres novas cancións, entre elas "Mooo!" e "Juicy", que logrou logrou máis de 21 millóns de visualizacións en YouTube[31]. O remix de "Juicy", con Tyga e con vídeo musical propio, apareceu en agosto de 2019[32], e chegou ao Billboard Hot 100, primeiro no posto 83 ata finalizar no 41[33]

Doja Cat nos premios BET de 2019

O 26 de outubro de 2019 lanzou o sinxelo "Rules" [34] e o seu segundo álbum de estudio Hot Pink apareceu o 7 de novembro de 2019 e logrou chegar ao número 9 da Billboard 200 e asenade o seu primeiro álbum, Amala entraba tamén na lista do Billboard 200 por primeira vez no número 138[35]. A finais de novembro de 2019, o seu sinxelo "Candy" que se editara en marzo de 2018, xerou un reto viral de baile na plataforma TikTok[36] e entrou, no número 86, no Billboard Hot 100[37] así como en listas de Australia, Canadá e Irlanda. O 15 de decembro de 2019, Doja Cat gravou "Boss Bitch" para a banda sonora do filme de superheroes Birds of Prey[38]. O sinxelo entrou nas listas de 28 países, entre eles os Estados Unidos, o Canadá, Francia, Italia, o Xapón e o Reino Unido.

O tema "Say So", que se editara orixinalmente no álbum Hot Pink, enviouse para a súa difusión ás emisoras de radio o 28 de xaneiro de 2020[39] tras lograr gran difusión na plataforma TikTok[40]. Doja Cat interpretou a canción en The Tonight Show Starring Jimmy Fallon o 26 de febreiro [41] e o día seguinte saíu o vídeo musical, dirixido por Hannah Lux Davis[42] e o tema chegou ao número 5 de Hot 100 para se converter no primeiro sinxelo de Doja Cat que se colocaba entre os dez primeiros[43] e pasou a ser a canción dunha artista feminina máis descargada nos Estados Unidos dos primeiros tres meses de 2020[44]


Por mor da crise do pandemia de COVID-19 tivo que suspender unha xira de concertos para presentar o seu álbum Hot Pink. En maio de 2020 tras a saída dun remix de "Say So" con Nicki Minaj, o sinxelo chegou a número ao alto do Billboard Hot 100, o primeiro número un para ambos os dous artistas[45] e foi tamén a primeira colaboración de artistas femininas dende "Fancy" de Iggy Azalea con Charli XCX e a primeira colaboración feminina de rap en estar no cume da lista[45][46].

  1. 1,0 1,1 "Speaking to Doja Cat, the IG Live auteur behind viral hit 'Mooo!'". Dazed. 29 de agosto de 2018. 
  2. "13 Talented Libras That’ll Give You Balance this Zodiac Season". Ones to Watch. 2 de outubro de 2019. 
  3. "Doja Cat went viral. Now what? A hip-hop meme star gets serious, sort of, for her second act". Los Angeles Times. 30 de outubro de 2019. 
  4. "Doja Cat harnessed viral moments to reach no. 1 on Billboard, but her online past has also resulted in controversial moments for the 'Say So' singer". Insider. 21 de marzo de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "Doja Cat is This Month's 'One To Watch' Artist!". Kiss Radio. 2 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  6. "Interview: Meet Doja Cat, the Artist Behind the Legendary Song 'Mooo!'". Enfnts Terribles. 10 de marzo de 2019. 
  7. 7,0 7,1 "Doja Cat will do whatever she wants". The Fader. 19 de setembro de 2019. 
  8. "Doja Cat brings up absent dad Dumisani Dlamini with Whoopi Goldberg". iOL. 22 de abril de 2020. 
  9. ""It’s Crazy, You Got To Meet Him & I Didn’t” Doja Cat To Whoopi Goldberg About Her Father, Sarafina! Star Dumisani Dlamini". Madame Noire. 22 de abril de 2020. 
  10. "Who Is Doja Cat?". WWD. 30 de outubro de 2020. 
  11. "Doja Cat on Family Support, Making YouTube Tutorials at 14 & More". Canle de HotNewHipHop en YouTube. 8 de marzo de 2019. 
  12. "Doja Cat Just Wants To Make Rap Colorful". Elle. 11 de novembro de 2019. 
  13. "Doja Cat talks early MySpace rap battles, practicing Hinduism, and more on First Times". The Fader. 7 de decembro de 2018. 
  14. "Doja Cat Wants to Be Taken Seriously as a Rapper". XXL. 30 de xaneiro de 2020. 
  15. "Doja Cat is ten steps ahead of your favourite rapper". Dummy. 20 de marzo de 2019. 
  16. "How Doja Cat broke the internet". GQ. 1 de maio de 2020. 
  17. "Doja Cat on Dropping Out at 16, Slowing Down After Signing Deal". Canle VLAD TV en Youtube. 19 de agosto de 2018. 
  18. Chrizelda Kekana, "10 Things You Probably Didn't Know About Doja Cat — Including the Origin of Her Name", PopSugar, 26 de decembro de 2019
  19. 19,0 19,1 "Doja Cat harnessed viral moments to reach no. 1 on Billboard, but her online past has also resulted in controversial moments for the 'Say So' singer". Insider. 21 de marzo de 2020. 
  20. "LA Singer Doja Cat Drops Her New EP Purrr!". the FADER. 5 de agosto de 2014. 
  21. "Empire (TV Series). The Devil Quotes Scripture (2015). Soundtracks". imdb. 
  22. "Doja Cat Signs to OG Maco's Label OGG". Hypebeast. 9 de xuño de 2015. 
  23. "OG Maco Drops “Monster” With Doja Cat". XXL. 28 de decembro de 2016. 
  24. "Doja Cat releases 'Go to Town'". Skope. 9 de marzo de 2018. 
  25. "Doja Cat Releases New Track “Candy” From Her Forthcoming Debut Album ‘Amala’ Due Out March 30th Via RCA Records". RCA Records. 23 de marzo de 2018. 
  26. "Doja Cat Drops Off New Vibes on "Roll With Us"". HotNewHipHop. 4 de febreiro de 2018. 
  27. "She's About to Be Everywhere: Get to Know Doja Cat". Paper. 30 de marzo de 2018. 
  28. "Doja Cat of ‘I’m a cow’ fame tries to defend homophobic comments in bad tweet". Dayly dot. 29 de agosto de 2018. 
  29. "Doja Cat will release an updated version of "Moo" on Spotify and iTunes". The Fader. 27 de agosto de 2018. 
  30. "Doja Cat & Rico Nasty Collide for New Collaborative Single "Tia Tamera"". Hypebeast. 20 de febreiro de 2019. 
  31. "Doja Cat-Juicy". ColorsXStudios. 25 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  32. "Doja Cat Recruits Tyga for "Juicy" Remix Video". Complex. 15 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2020. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  33. "Chart Climber: Doja Cat Moves Past The Meme With "Juicy"". Genius. 29 de agosto de 2019. 
  34. "Doja Cat shares new song "Rule," announces Hot Pink album details". The Fader. 24 de outubro de 2019. 
  35. "Doja Cat Chart History (Billboard 200)". Billboard. 
  36. "Teens on TikTok are obsessed with Doja Cat's 'Candy'". The Daily Dot. 25 de novembro de 2019. 
  37. "Doja Cat Chart History (Hot 100)". Billboard. 
  38. "Doja Cat has recorded a new song for the 'Birds of Prey' film". NME. 17 de decembro de 2019. 
  39. "Top 40/M Future Releases". All Access Music Group. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 24 de xaneiro de 2020. 
  40. Mamo, Heran (21 de xaneiro de 2020). "Here Are the Lyrics to Doja Cat's 'Say So'". Billboard. 
  41. "Doja Cat Delivers Fun & Sultry "Say So" Performance For "Tonight Show"". HotNewHipHop. 27 de febreiro de 2020. 
  42. "Doja Cat Goes Disco in 'Say So' Video". Rap-Up. 
  43. "Megan Thee Stallion & Doja Cat Battling for No. 1 on Hot 100". Billboard. 8 de maio de 2020. 
  44. McIntyre, Hugh (6 de abril de 2020). "These Are The 10 Most-Streamed Songs In The U.S. In The First Three Months Of 2020". Forbes. 
  45. 45,0 45,1 "Doja Cat's 'Say So,' Featuring Nicki Minaj, Tops Billboard Hot 100, Becoming Their First No. 1 Each". Billboard. 11 de maio de 2020. 
  46. Brown, Emily (12 de maio de 2020). "Nicki Minaj And Doja Cat Just Made Hip-Hop History". Unilad. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2020. Consultado o 28 de maio de 2020.