Saltar ao contido

Dinastía de Vasa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dinastía de Vasa
Escudo de armas da Dinastía de Vasa
PaísSuecia
TítulosRei de Suecia
Rei de Polonia
Gran Duque de Lituania
Tsar de Rusia
Gran Duque de Finlandia
FundadorGustavo I de Suecia
Fundación1523
Disolución1672

A Dinastía de Vasa (sueco: Vasaätten, polaco: Wazowie, Lithuanian: Vaza) foi unha das primeiras casas reais modernas fundada no ano 1523 en Suecia e que gobernou ese país entre 1523 e 1654, a República das Dúas Nacións entre 1587 e 1668 e o Tsarato ruso de 1610 a 1613. A súa liña agnática extinguíuse coa morte do rei Xoán II Casimiro de Polonia en 1672.

A Dinastía de Vasa descendía dunha familia nobre sueca do século XIV, trazando o parentesco agnático ata Nils Kettilsson (Vasa) (morto en 1378), fogde do castelo Tre Kronor en Estocolmo. Varios membros mantiveron cargos importantes durante o século XV. En 1523, tras a abolición da Unión de Kalmar, Gustavo Eriksson converteuse no rei Gustavo I de Suecia fundándose a casa real. O seu reinado ás veces é referido como o comezo do estado moderno de Suecia, que incluíu a ruptura coa Igrexa católica romana durante a reforma protestante e a fundación da Igrexa de Suecia.

Porén, o seu fillo máis vello e sucesor Eric XIV de Suecia foi derrocado polo fillo máis novo de Gustavo, o rei Xoán III de Suecia. Xoán III casou cunha princesa católica polaca, Catarina Xaguiellón, que levou á dinastía a gobernar Polonia.

O seu fillo católica Sixismundo III Vasa, entón gobernante dunha unión sueco-polaca de curta vida, foi usurpado en 1599 polo irmán protestante de Xoán Carlos IX de Suecia na guerra contra Sixismundo. A dinastía dividiuse entre a liña protestante sueca e a católica polaca, que defendeu as coroas en guerras posteriores.

A implicación do famoso xeneral protestante e rei Gustavo Adolfo de Suecia na guerra dos Trinta Anos deu orixe ao dito de que era a encarnación do "León do Norte" (alemán: "Der Löwe von Mitternacht"). Con todo, a súa filla e herdeira a raíña Cristina de Suecia (1632-1654) abdicou en 1654 despois de converterse ao catolicismo e emigrou a Roma. En Polonia, Xoán II Casimiro de Polonia abdicou en 1668. Coa súa morte a familia real de Vasa extinguíuse en 1672, aínda que o actual rei de Suecia, Carlos XVI Gustavo, é descendente de Gustavo I a través da súa bisavoa paterna, Victoria de Baden.