Desoxicitidina monofosfato
Desoxicitidina monofosfato | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 1032-65-1 |
PubChem | 624 |
ChemSpider | 13343 |
MeSH | Deoxycytidine+monophosphate |
ChEBI | CHEBI:15918 |
ChEMBL | CHEMBL374699 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C9H14N3O7P |
Masa molecular | 307,197 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A desoxicitidina monofosfato, tamén chamada monofosfato de desoxicitidina ou ácido 5'-desoxicitidílico (ou desoxicitidilato), abreviada como dCMP, é un nucleótido que forma parte do ADN formado polo nucleósido desoxicitidina esterificado cun fosfato. A molécula consta do azucre desoxirribosa enlazado á base nitroxenada citosina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 1 da base, e un grupo fosfato esterificado no carbono 5' do azucre[1].
A función do dCMP na célula é a de ser un dos nucleótidos que forma parte do ADN, xunto con dAMP, dGMP e dTMP. Os nucleótidos chegan á zona de replicación do ADN como nucleósidos trifosfato, neste caso dCTP, perden dous fosfatos en forma de pirofosfato, e enlázanse á cadea de ADN en formación como nucleósidos monofosfato, neste caso dCMP.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. Páxina 798. ISBN 84-282-0738-0