Saltar ao contido

Daniel Day-Lewis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Day-Lewis

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Daniel Michael Blake Day Editar o valor en Wikidata
29 de abril de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Kensington, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCondado de Wicklow Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo inglés, Pobo irlandés e Pobo xudeu Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónBristol Old Vic Theatre School (en) Traducir
Sevenoaks School (en) Traducir
Bedales School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación cinematográfica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor de cinema, actor de televisión, actor de teatro, artista, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor en Wikidata - 2017 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoDrama Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloKnight Bachelor Editar o valor en Wikidata
CónxuxeRebecca Miller (1996–) Editar o valor en Wikidata
ParellaIsabelle Adjani (1989–1995) Editar o valor en Wikidata
FillosGabriel-Kane Day-Lewis
 () Isabelle Adjani
Ronan Day-Lewis
 () Rebecca Miller
Cashel Day-Lewis
 () Rebecca Miller Editar o valor en Wikidata
PaisCecil Day-Lewis Editar o valor en Wikidata  e Jill Balcon Editar o valor en Wikidata
IrmánsTamasin Day-Lewis Editar o valor en Wikidata
ParentesMichael Balcon, avó
Arthur Miller, sogro Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000358 Allocine: 5501 Rottentomatoes: celebrity/daniel_daylewis Allmovie: p17559 TCM: 45745 TV.com: people/daniel-day-lewis
Facebook: DanielDayLewis BNE: XX1086729 Musicbrainz: 8d8edbbf-f37b-4efb-914c-ef4e64eb4539 Discogs: 2563592 WikiTree: Day-Lewis-4 Editar o valor en Wikidata

Sir Daniel Michael Blake Day-Lewis, nado en Londres o 29 de abril de 1957, é un prestixioso actor británico nacionalizado irlandés. A pesar de ser recoñecido pola crítica internacional como un dos actores máis versátiles do seu tempo, non se prodiga demasiado na gran pantalla, escollendo con gran minuciosidade os seus papeis.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do poeta irlandés de nacemento Cecil Day-Lewis e da actriz Jill Balcon, o seu avó era o produtor cinematográfico e director dos Estudios Ealing, Sir Michael Balcon. Despois dunha etapa en Greenwich, os seus pais decidiron envialo ao internado Sevenoaks, no condado de Kent, e máis tarde á Bedales School de Petersfield. A idade de 13 anos produciuse o seu debut cinematográfico, cun pequeno papel sen acreditar no filme Sunday Bloody Sunday. Posteriormente estudou arte dramática na prestixiosa Old Vic Theatre School de Bristol e foi alí onde iniciou a súa traxectoria como actor de teatro.

A súa estrea como actor adulto foi nun pequeno papel na multipremiada película Gandhi en 1982. Posteriormente fixo varios papeis no teatro e para series da BBC ata que en 1985 se consagrou con dous papeis: o do punky londiniense e homófobo Johnny, de A miña fermosa lavandaría, e a do dandi Cecil Vyse do filme de James Ivory Unha habitación con vistas.

Despois dunha serie de filmes entre os que destacou The Unbearable Lightness of Being, baseado na novela homónima de Milan Kundera, ofrecéronlle o papel do artista irlandés discapacitado Christy Brown en O meu pé esquerdo. Foi este papel no filme de Jim Sheridan o que lle daría fama internacional e un Oscar entre numerosos premios e nomeamentos.

Con este director colaborou noutras dúas ocasións, en 1993 na aclamada In the Name of the Father, pola que volveu ser nomeado a importantes premios, entre eles ao Oscar e ao Globo de ouro; e en 1997 en The Boxer.

Entre tanto tamén tivo tempo de dar o salto a Hollywood, para protagonizar en 1992 a cinta de aventuras O derradeiro dos mohicanos de Michael Mann e un ano despois A idade da inocencia de Martin Scorsese, co que repetiu nove anos despois en Gangs of New York.

No 2005 protagonizou o filme The Ballad of Jake and Rose dirixido pola súa dona Rebecca Miller, filla do coñecido dramaturgo estadounidense Arthur Miller. Dous anos despois estreou o filme There Will Be Blood, baseado na novela Oil! de Upton Sinclair e dirixido por Paul Thomas Anderson, que lle supuxo o seu segundo Oscar e o seu primeiro Globo de ouro ao mellor actor na categoría de drama.

En 2009 protagonizou o musical Nine, adaptación de de Federico Fellini, dirixido por Rob Marshall. En 2013 recibiu o seu terceiro Oscar como mellor actor principal, pola súa interpretación do décimo sexto presidente dos Estados Unidos, Abraham Lincoln, converténdose no primeiro actor en conseguir tres veces dito premio.

Ao longo de 2017 filmou Phantom Thread ás ordes de Paul Thomas Anderson, segunda colaboración con este director tras There Will Be Blood. O 20 de xuño dese ano, a súa voceira, Leslie Dart, anunciou na revista Variety a retirada de Day-Lewis dos escenarios, aludindo a razóns persoais.[1][2]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Longametraxes

[editar | editar a fonte]
Ano Título Papel Notas
1971 Sunday Bloody Sunday Vándalo Sen acreditar
1982 Gandhi Colin
1984 The Bounty John Fryer
1985 A miña fermosa lavandería Johnny
Unha habitación con vistas Cecil Vyse
1986 Nanou Max
1988 The Unbearable Lightness of Being Tomas
Stars and Bars Henderson Dores
1989 Eversmile, New Jersey Dr. Fergus O'Connell
O meu pé esquerdo Christy Brown
1992 O derradeiro dos mohicanos Hawkeye / Nathaniel Poe
1993 A idade da inocencia Newland Archer
In the Name of the Father Gerry Conlon
1996 The Crucible John Proctor
1997 The Boxer Danny Flynn
2002 Gangs of New York Bill 'The Butcher' Cutting
2005 The Ballad of Jack and Rose Jack Slavin
2007 There Will Be Blood Daniel Plainview
2009 Nine Guido Contini
2012 Lincoln Abraham Lincoln
2017 Phantom Thread Charles James

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Título Papel Notas
1980 Shoestring DJ Episodio: "The Farmer Had a Wife"
1981 Thank You, P. G. Wodehouse Psmith Filme para televisión
Artemis 81 Estudante da biblioteca Filme para televisión
1982 How Many Miles to Babylon? Alec Filme para televisión
Frost in May Archie Hughes-Forret Episodio: "Beyond the Glass"
1983 Play of the Month Gordon Whitehouse Episodio: "Dangerous Corner"
1985 My Brother Jonathan Jonathan Dakers 5 episodios
1986 The Insurance Man Dr. Kafka Filme para televisión
  1. Brent Lang (20-6-2017). "Shocker! Daniel Day-Lewis Quits Acting (EXCLUSIVE)". Variety (en inglés). Consultado o 21-6-2017. 
  2. "Daniel Day-Lewis vai deixar a carreira de actor". Público (en portugués). 20-6-2017. Consultado o 21-6-2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]