Daniel Barral Calvo
Aparencia
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1997 (26/27 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Barcelona Universidade Autónoma de Madrid Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Daniel Barral Calvo, nado en Vigo en 1997, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos superiores de Filosofía na Universidade de Barcelona e na Universidade Autónoma de Madrid.[1] É profesor de Filosofía no IES San Paio de Tui. Militante de Isca, do MGS e do BNG. Colaborou en Nós Diario.
En 2014 gañou o certame Xuventude Crea na modalidade de relato breve co texto Stalingrado.[2] En 2018 gañou o premio de poesía da Asociación Cultural O Facho con Dialética.[3] En 2019 gañou o Certame Manuel Murguía de narracións breves co relato A casa das Castrouteiro.[4]
Traduciu ao catalán o libro de poesía infantil Soleando, de An Alfaya e Imma de Batlle (Solejant, Llibres del Segle, 2021).[1]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Dialética, 2018. (Medulia) ISBN 978-84-948102-4-4
Tradución
[editar | editar a fonte]- Solejant, de An Alfaya e Imma de Batlle (Llibres del Segle, 2021). Ao catalán.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Xuventude Crea 2014, especialidade de relato breve.
- Premio de poesía da Asociación Cultural O Facho 2018.
- Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2019, por A casa das Castrouteiro.
- VII Certame Literario Mazarelos da Universidade de Santiago de Compostela en 2021.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "eu". legō. 2020-12-03. Consultado o 2021-11-23.
- ↑ La Voz de Galicia, Santiago, 20-11-2014, p. 12.
- ↑ La Voz de Galicia, A Coruña, 2-9-2018, p. 6.
- ↑ "Arteixo: premios do 29º Certame Manuel Murguía". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2020. Consultado o 12 de outubro de 2020.
- ↑ "Resolto o Concurso Literario Mazarelos que impulsa a Facultade de Filoloxía". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2021-11-23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigos en Nós Diario.
- Web do autor