Saltar ao contido

Dólar namibio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dólar namibio
Namibian dollar en inglés
Código:NAD
Ámbito:Namibia Namibia
Símbolo:$, N$
Fracción:100 centavos
Moedas:5, 10, 50 c, 1, 5, 10 $
Billetes:10, 20, 50, 100 e 200 $
Emisor:Banco de Reserva de Namibia
Taxa de troco:
19-2-2014 [1]
1 EUR = 15,0497 NAD
1 USD = 10,947 NAD
Troco actual

O Dólar namibio (ISO: NAD) é a moeda de curso legal de Namibia desde o ano 1993. Se abrevia normalmente co signo "$" do Dólar, ou N$ para distinguir esta moeda doutras tamén chamadas dólar. Divídese en 100 centavos.

O dólar substituíu o Rand surafricano, que fora o signo monetario vixente do país mentres que estaba baixo dominio de Suráfrica. Porén, Rand segue sendo moeda de curso legal, pois o Dólar de Namibia lígase ao rand R1-N$1.

No ano 1990 empezouse a falar acerca da creación dunha moeda namibia que fose fixada á vez co Rand. O Kalahar foi a moeda proposta, pois o Deserto de Kalahari está situado en Namibia do leste, o cal pareceu oportuno nomear á moeda dese modo. O nome do Banco Central Namibia ía ser coñecido como o Banco de Reserva de Namibia. As denominacións do Kalahar previstas eran de 2, 5, 10 e 20 kalahar. (Nota: Había dous deseños diferentes para os billetes de 20 kalahar). Con todo, esta proposta non tivo éxito, pero malia iso algúns billetes de Kalahar foron impresos.

O Banco de Namibia publicou os primeiros billetes de Dólar Namibio o 15 de setembro de 1993, e durante decembro dese ano, tamén publicaron as primeiras moedas nacionais.

Dólar ou Marco?

[editar | editar a fonte]

Durante a fase dos plans para a introdución dunha nova divisa nacional que substituía ao Rand surafricano, o novo Banco de Namibia emitiu unha serie de proba de moedas denominadas en dólares así como en marcos, para a consideración do ministerio de finanzas de Namibia. A decisión foi adoptar o nome "Dólar" para divísaa do país.

Había tamén series de moedas do patrón de Namibia denominadas co nome Rand cuñadas en 1990. Estas moedas pódense apreciar no catálogo de moedas "Krause's Unusual World Coins" editado en 2005.

Moeda de 5 N$

En 1993 introducíronse todas as denominacións do dólar namibio. A cuñaxe máis recente data de 2010, cando se introduciu a moeda bimetálica conmemorativa de 10 dólares de libre circulación dedicada ao 20 aniversario do Banco de Reserva de Namibia, da que se cuñaron 5 millóns de pezas.[2]

Denominación Emisión Metal Forma Diámetro Canto Anverso Reverso
Anel Centro
5 Cents
1993
Aceiro niquelado
Circular
Liso
Escudo nacional
Flora nacional
10 Cents
1993
Aceiro niquelado
Circular
Liso
Escudo nacional
Flora nacional
50 Cents
1993
Aceiro niquelado
Circular
Liso
Escudo nacional
Flora nacional
1 Dólar
1993
Latón
Circular
Estriado
Escudo nacional
Fauna nacional
5 Dólares
1993
Latón
Circular
Estriado
Escudo nacional
Fauna nacional
10 Dólares
2009
CuNi Latón
Circular
Escudo nacional
Dr. Sam Nujoma

Os anos en que se cuñaron moedas de dólar namibio foron 1993, 1996, 1998, 2000, 2002 e 2010.

Os billetes de dólar namibio teñen estas denominacións:

  • 10 dólares
  • 20 dólares
  • 50 dólares
  • 100 dólares
  • 200 dólares
  1. http://es.finance.yahoo.com/divisas/conversor/#from=USD;to=NAD;amt=1
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xaneiro de 2012. Consultado o 19 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]