Saltar ao contido

Día de San David

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Día de San David
Celebración do Dydd Gŵyl Dewi do 1 de marzo de 2009 co traxe tradicional galés.
Tipodía festivo, día nacional, festividades religiosas e festividade cristã
PropósitoDía da festa nacional
Nomeado en referencia aDavid de Menevia
EnGales
PaísGales
editar datos en Wikidata ]

O día de San David (en galés Dydd Gŵyl Dewi Sant, en inglés o día de San David ) é a festa de San David de Gales, o patrón de Gales, e celébrase o 1 de marzo. Onde haxa comunidades galesas, conmemórase o día, como fan os irlandeses polo día de San Patricio.

A data do primeiro de marzo foi elixida para conmemorar a morte de San David, acontecida o mesmo día do ano 589, e foi declarada festa nacional galesa no transcurso do século XVIII.

Excepcionalmente, a festa cambiou a un día en 2006, o 28 de febreiro para a Igrexa Católica e o 2 de marzo para a Igrexa Anglicana, xa que non se celebran festas de santos o mércores de cinza, día de penitencia).[1]

Unha enquisa de 2006[2] descubriu que o 87% dos galeses quería que o día de San David fose festivo (Bank Holiday), e que o 65% estaba disposto a renunciar a outro a cambio diso. Unha solicitude neste sentido foi rexeitada polo que era primeiro ministro británico nesa altura, Tony Blair.

Tradicións

[editar | editar a fonte]
Señora con sombreiro galés, actualmente peza de uso exclusivo para o día de San David
Bandeira de San David

Os colexios organizan concertos ou eisteddfods para os alumnos, con recitais e canto como actividades principais. Antigamente os estudantes tiñan media xornada de vacacións; aínda que se suprime oficialmente o costume, cada escola fai o seu.

Moitos galeses honran as festas levando na lapea un ou os dous símbolos oficiais: o amarelle (un símbolo tradicional galés que florece en marzo) ou o allo porro (símbolo persoal de San David). O vínculo entre o porro e os narcisos vese reforzado polo feito de que ambos teñen nomes similares en galés, Cenhinen (porro) e Cenhinen Bedr (narciso, literalmente porro de Pedro).

Nesta data, as mulleres galesas adoitan levar narcisos mentres que os homes levan o símbolo do porro. Pola súa banda, as nenas adoitan levar ao colexio o traxe tradicional, saia longa de lan, blusa branca, mantón e sombreiro galés. Moitos edificios colgan a bandeira de San David para a ocasión.

  1. "Three St David's days? Thank God" (en inglés). 2006-02-27. Consultado o 2023-03-09. 
  2. Notícia BBC (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]