Década de 600
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século VI | |||||
| |||||
|
600
- Artigo principal: 600.
Asia
- Inicio do reinado de Mahendra-varman, monarca da dinastía dos Pallava de Kanchi (até 630).
Europa
- O rei sueco Ingvar tenta invadir Estonia, mais perde a vida na ocasión.
- A filla do duque de Baviera Teodelinda converte a Rotario e ao pobo longobardo ao catolicismo.
Arte e cultura
- Introdúcese o búfalo doméstico en Europa, traído da India, mais só se aclimatou nos pantanos de Italia (data aproximada), onde até hoxe sería utilizado como forza de traballo e produción de leite.
601
- Artigo principal: 601.
- Liuva II é o novo monarca dos visigodos, como sucesor do seu irmán Recaredo.
- O papa Gregorio o Grande envía varios misioneiros, Melito, Xusto, Honorio e outros, a Inglaterra.
602
- Artigo principal: 602.
Europa Occidental
- Os longobardos arrasan e incendian Padua, na Italia setentrional.
- Os reis de Austrasia e de Burgundia, organizan unha expedición militar conxunta contra os vascóns, aos que obrigan a pagar tributo.
Imperio Bizantino
Oriente Próximo
- Cosroes II, xa persa, aproveita a morte de Mauricio I de Bizancio, para invadir as provincias de Siria e Asia Menor
- Ao tempo, Cosroes II, apodérase de gran parte de Arabia, incorporando o reino dos lakhmidas aos que toma a capital, Al-Hirah. O monarca lakhmida, An-Numan III, perde a vida.
603
- Artigo principal: 603.
Europa
- Gostun tórnase soberano dos búlgaros.
- O rei visigodo Liuva II é destronado por Viterico, que inicia seu reinado até 610.
Oriente Próximo
- O xa de Persia, Cosroes II, reemprende a guerra contra Bizancio, invadindo Asia Menor.
Ciencia e tecnoloxía
- 12 de agosto - Eclipse total de sol no Sur de Francia, Sicilia e Exipto.
604
- Artigo principal: 604.
Asia
- Levantamento dos tolos, un pobo de etnia turca, contra o dominio chinés, en Asia central .
- Os persas sasánidas destrúen a fortaleza bizantina de Daraa.
605
- Artigo principal: 605.
Asia
- Comeza o goberno de Yang Di, soberano chinés da dinastía Sui.
Europa
Ciencia e tecnoloxía
- Remátase a ponte de Zhaozhou, tamén dita ponte Anji, a máis antiga das pontes en pé da China. Construída con arcos segmentarios en pedra, sobre o río Xiao, na provincia de Hebei (Hopei), debe a súa traza a Li Chun.
606
- Artigo principal: 606.
607
- Artigo principal: 607.
- 19 de febreiro - Bonifacio III sucede a Sabiniano no trono pontificio, aínda que falece antes de terminar o ano.
Arte e cultura
- O Panteón de Roma convértese nunha igrexa cristiá.
Ciencia e tecnoloxía
- 15 de marzo - Paso do cometa Halley.
608
- Artigo principal: 608.
Asia
- Expedición militar chinesa a Taiwán.
- O emperador chinés Jangdi é recoñecido polos pobos turcos do Tarim, o que permite o comercio con Asia Central e Persia.
Europa
- 15 de setembro - É elixido novo papa Bonifacio IV.
- Eochaid I tórnase rei de Dalriada, en Gran Bretaña (até 629).
Arte e cultura
- Erguemento da Columna de Focas no Foro de Roma: é a último construción da Roma antiga.
609
- Artigo principal: 609.