Década de 10
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século I | |||||
| |||||
|
10
- Artigo principal: 10.
- Extinción da dinastía grega de Bactria.
- Publius Cornelius Dolabella, é un cónsul romano.
- Iliria repártese entre Panonia e Dalmacia.
- Comeza a construírse o arco do triunfo de Orange (rematado no ano 27).
- Na Xermania comezan a diferenciarse a proto-tribo xermánica Irmion en tribos teutónicas locais (alamáns, hermunduros, longobardos ou langobardos, marcomanos, cuados e suevos).
11
- Artigo principal: 11.
- Xermánico asegura a Xermania Inferior e o Rhin.
- Artabanos II da dinastía Arsácida disputa o trono de Partia contra o rei Vonones I.
- Na India, Satakarni comeza o seu reinado como emperador de Andhra (11–29).
12
- Artigo principal: 12.
Asia
- Vonones I abandona o trono de Partia e acepta ser rei de Armenia (até 18).
- O trono da Partia queda cuberto polo novo monarca, Artabanos II (até 38).
Imperio Romano
- Xermánico e Gaius Fonteius Capito son nomeados cónsul por César Augusto.
- Annius Rufus é nomeado Prefecto de Xudea.
Arte e cultura
13
- Artigo principal: 13.
- Testamento de Augusto.
- Abgaro de Edessa restaurado como rei de Osroene.
- O senado romano abole os Vigintisexviri.
- Tiberio entra triunfal en Roma, grazas ás campañas que Xermánico leva a cabo na Xermania.
14
- Artigo principal: 14.
- Tiberio sucede a Augusto como emperador de Roma.
- Xermánico nomeado xefe das tropas en Xermania.
- O censo indica que hai 4 973 000 cidadáns romanos.
15
- Artigo principal: 15.
- Fundación de Emona (actual Liubliana).
16
- Artigo principal: 16.
- O exército romano ao mando de Xermánico vence en Idistaviso ao xefe xermano Arminio e captura á súa dona Thusnelda.
17
- Artigo principal: 17.
- Destrución das cidades de Sardes e Hierápolis por un terremoto.
- Capadocia tórnase unha provincia romana.
18
- Artigo principal: 18.
Asia
- Fundación da cidade de Paecke, capital do reino de Wiriwesung, na actual Corea do Sur.
- Fundación de Seúl.
- Na India, os indo-partos controlan Taxila, no actual Paquistán (até o 60.
- Artaxias III ascende ao trono de Armenia (até 34).
Imperio Romano
- Tiberio e Xermánico, cónsules en Roma.
- Desfile da vitoria de Xermánico en Roma.
- Unha vexillatio (sub-unidade) da Lexión III Augusta é destruída nunha emboscada en África.
- O xefe xermano Arminio destrúe o reino dos marcomanos, que se dirixían cara a Véneto. Arminio perece asasinado por un dos seus compatriotas.
- Caifás tórnase sumo sacerdote do templo xudeu (até o 37).
- Capadocia é incorporada ao Imperio Romano.
19
- Artigo principal: 19.
- Catualda depón a Marcoboduus, rei dos marcomanos. Con isto rematou a ameaza que esta tribo xermánica representaba para os romanos até o reindado de Marco Aurelio. Ficaron baixo a protección de Roma.
- Tiberio expulsa os exipcios de Roma e deporta 4000 xudeus a Sicilia.
- Agripina a Maior acusa a Gnaeus Calpurnius Piso, gobernador da Siria de ter asasinado o seu irmán Xermánico, herdeiro potencial de Tiberio. Pisón suicídase en Roma.
- Érguese un arco do triunfo en Saintes na honra de Xermánico.