Cután
O cután é un polímero que forma parte da cutícula de moitas plantas, xunto coa cutina. O cután crese que é un polímero hidrocarbonado, mentres que a cutina é un poliéster, pero a estrutura e a síntese do cután non se comprenden aínda ben.[1]
O cután foi detectado primeiramente como un compoñente insaponificable, resistente á desesterificación por hidrólise alcalina, que aumenta en cantidade nas cutículas dalgunhas especies como Clivia miniata cando chegan á madurez, aparentemente substituíndo á cutina segregada nas fases iniciais do desenvolvemento.[2] As probas de que o cután é un polímero hidrocarbonado veñen de que os produtos da súa pirólise son unha serie homóloga característica de pares de alquenos e alcanos.[3]
A súa preservación potencial é moito mellor ca a da cutina, polo que se preserva mellor no rexistro fósil.[1]
O cután foi detectado inicialmente en Clivia miniata e en Agave americana, pero despois illouse de moitas plantas de ambientes secos con follas suculentas e case todas con fotosíntese CAM.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Briggs, D.E.G. (1999). "Molecular taphonomy of animal and plant cuticles: selective preservation and diagenesis". Philosophical Transactions of the Royal Society B: Biological Sciences 354 (1379): 7–17. doi:10.1098/rstb.1999.0356.
- ↑ Schmidt, H. W. and Schönherr, J. (1982) Development of plant cuticles - occurrence and role of non-ester bonds in cutin of Clivia miniata Reg. leaves, Planta, 156, pp. 380–384.
- ↑ Nip, M., Tegelaar, E. W., de Leeuw, J. W., Schenck, P. A., and Holloway, P. J. (1986) A new non-saponifiable highly-aliphatic and resistant bioploymer in plant cuticles. Evidence from pyrolysis and 13C-NMR analysis of present-day and fossil plants. Naturwissenschaften, 73, pp. 579–585.
- ↑ Boom, A.; Sinningedamste, J.; Deleeuw, J. (2005). "Cutan, a common aliphatic biopolymer in cuticles of drought-adapted plants". Organic Geochemistry 36 (4): 595. DOI:10.1016/j.orggeochem.2004.10.017. [1]