Cristián VII de Dinamarca
Aparencia
Cristián VII, nado o 29 de xaneiro de 1749 e finado o 13 de marzo de 1808, foi un monarca da casa de Oldenburg que foi rei de Noruega e Dinamarca e duque de Schleswig e Holstein dende o ano 1766 até a súa morte. Como o seu lema escolleu: "Gloria ex amore patriae" ("gloria a través do amor á patria").[1]
O reinado de Cristián VII estivo marcado pola súa doenza mental e porque a maioría do seu reinado só foi monarca nominalmente. O seu medio irmán Frederico foi designado como rexente de Dinamarca en 1772. Dende 1784 até a morte de Cristián VII en 1808, o fillo de Cristián, posteriormente Frederico VI, exerceu como rexente non oficial.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Magne Njåstad. Store norske leksikon, ed. "Christian 7". Consultado o 15 de agosto de 2016.
- ↑ kongernessamling (ed.). "Frederik the Heir Presumptive". Consultado o 15 de agosto de 2016.