Saltar ao contido

Crioulo das Seychelles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crioulo das Seychelles
Outros nomes:kreol e seselwa
Falado en: Seychelles
Total de falantes: 73 000 (1998)[1]
Posición: non está entre as 100 máis faladas
Familia: Linguas crioulas
 Crioulos de base francesa
  Crioulo bourbonnais
   Crioulo das Seychelles
Status oficial
Lingua oficial de: Seychelles Seychelles
Regulado por: Lenstiti Kreol
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: crs
Mapa
Status

O crioulo das Seychelles é unha lingua crioula baseada no francés que se fala nas Seychelles. É lingua oficial do país xunto co inglés e o francés (en contraste co crioulo de Mauricio e co crioulo de Réunion, que non son oficiais nos seus territorios).

Descrición

[editar | editar a fonte]

Após acadar a independencia en 1976, o goberno das Seychelles quixo darlle pulo á lingua. Para iso creou o Lenstiti Kreol, que fixou a ortografía e a gramática.

Lingua Palabra
Crioulo Nou tou bezwen travay ansanm pou kree nou lavenir
Francés (AFI) /nu‿z/ /a.vɔ̃/ /tus/ /bə.zwɛ̃/ /də/ /tʁa.va.je/ /ɑ̃.sɑ̃bl/ /puʁ/ /kʁe.e/ /nɔtʁ/ /av.niʁ/
Francés Nous avons tous besoin de travailler ensemble pour créer notre avenir
Galego Nós temos (todos) a necesidade de traballar xuntos para crear o noso futuro

En moitas das palabras do crioulo das Seychelles derivadas do francés, o artigo determinado (le, la e les) pasou a formar parte da propia palabra; por exemplo, 'futuro' é lavenir (en francés l'avenir). O determinante posesivo é o mesmo que o pronome persoal, polo que 'o noso futuro' é nou lavenir. Algo semellante acontece no plural, les Îles Éloignées Seychelles en francés ('as illas exteriores das Seychelles') pasan a ser Zil Elwanyen Sesel en crioulo. Nótese que o z en Zil, como en francés, les Îles pronúnciase /le.z‿il/.

(Nosopai)

En crioulo das Seychelles En galego
Ou, nou papa ki dan lesyel,
Fer ou ganny rekonnet konman Bondye.
Ki ou renny i arive.
Ki ou lavolonte i ganny realize
Lo later parey i ete dan lesyel
Donn nou sak zour nou dipen ki nou bezwen.
Pardonn nou pour bann lofans
Ki noun fer anver ou,
Parey nou pardonn sa ki n ofans nou.
Pa les tantasyon domin nou,
Me tir nou dan lemal.
Noso Pai que estás no ceo:
santificado sexa o teu nome,
veña a nós o teu reino
e fágase a túa vontade
aquí na terra coma no ceo.
O noso pan de cada día dánolo hoxe;
e perdóanos as nosas ofensas
como tamén perdoamos nós
a quen nos ten ofendido;
e non nos deixes caer na tentación,
mais líbranos do mal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • D'Offay, Danielle & Lionnet, Guy, Diksyonner Kreol - Franse / Dictionnaire Créole Seychellois - Français. Helmut Buske Verlag, Hamburg. 1982. ISBN 3-87118-569-8.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]