Saltar ao contido

Corvo viaraz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corvo viaraz

Corvus corone corone


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Corvus
Especie: C. corone
Nome binomial
Corvus corone
Linnaeus, 1758
Distribución Corvus corone
Distribución Corvus corone

Distribución Corvus corone

O corvo viaraz[1] (Corvus corone), ás veces corvo pequeno[2][3], corvo común[4] ou choia[5], é unha ave da familia dos córvidos. Posúe unha testa ancha e aplanada, un corpo negro brillante e unha plumaxe moi densa.

Aínda que poden hibridar con Corvus cornix producindo descendencia fértil, últimos estudos (de 2003) levaron a consideralas especies diferentes, debido á notable diferenza de cor na plumaxe, así como á escasa viabilidade xenética dos híbridos.

A súa voz é forte, áspera, con fondo metálico.

O seu niño está composto de paus, máis livián có da gralla cereixeira, faino en árbores ou arbustos. Pon de catro a seis ovos nunha niñada, de marzo a xullo.

Aliméntase de invertebrados, ovos e grans do chan; con frecuencia, agrúpase en bandadas en praderías con esterco.

.............
e o agoirador torpe que diz
que máis val o corvo que a perdiz,
nunca o Deus deixe mellor escoller.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Para evitar que Cronos devorase ó seu sexto fillo, Zeus, tal como xa fixera cos anteriores, Rea pariuno agochada nunha cova da illa de Creta. Alí deixouno a criar baixo o coidado das ninfas e os Curetes e foi alimentado con mel e ambrosía. Houbo un home, Céleo, que quixo roubar o mel sagrado, e Zeus castigouno transformándoo nun corvo viaraz.[7]

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  4. Dicionario Digalego corvo Arquivado 11 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Choia.
  6. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do corvo viaraz. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 115. ISBN 84-7154-379-6. 
  7. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Alianza Editorial 3ª ed. 2016. Nota da tradutora Julia García Moreno (px. 54).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]