Cortes de Aragón
As Cortes de Aragón (en aragonés: Cortz d'Aragón, en catalán: Corts d'Aragó) exercen a función lexislativa da comunidade autónoma de Aragón, aproban os seus orzamentos, impulsan e controlan a acción da Deputación Xeral, e exercen as demais competencias que lles confiren a Constitución, o Estatuto e as demais normas do ordenamento xurídico. As Cortes elixen, de entre os seus membros, a un Presidente, unha Mesa e unha Deputación Permanente. Están compostas por 67 deputados.
A súa denominación procede da institución histórica do Reino de Aragón desde a súa fundación en 1188[1] ata comezos do século XVIII. O Decreto de Nova Planta en 1711 anulou os Foros de Aragón facendo desaparecer as Cortes de Aragón. As Cortes de Aragón recupéranse a finais do século XX a través do actual parlamento autonómico da Comunidade Autónoma de Aragón.
Parlamento autonómico
[editar | editar a fonte]As modernas Cortes de Aragón reuníronse por primeira vez en Calatayud.
Na actualidade, as Cortes de Aragón exercen a función lexislativa da comunidade autónoma de Aragón, segundo se establece no artigo 12 do Estatuto de Autonomía. Tamén aproban os orzamentos, impulsan e controlan a acción da Deputación Xeral de Aragón e exercen as demais competencias que lles confiren a Constitución, o Estatuto e as demais normas do ordenamento xurídico.
Ademais, designan aos senadores que han de representar á Comunidade autónoma no Senado; exercen a iniciativa lexislativa para que as Cortes Xerais aproben unha Lei; poden exercitar a iniciativa de reforma da Constitución Española; ratifican os convenios e acordos de cooperación nos que a Comunidade Autónoma de Aragón sexa parte; interpoñen recursos de inconstitucionalidade; elixen ao Xustiza de Aragón, ao auditor xeral de Aragón e elixen ou propoñen o nomeamento de cargos noutros organismos: conselleiros no Consello Asesor de Radio Televisión Española en Aragón, vogais na Xunta Electoral de Aragón ou conselleiros nas Caixas de Aforro da Comunidade.
Sede
[editar | editar a fonte]Este Palacio, construído na segunda metade do século XI por iniciativa de Al-Muqtadir como residencia dos reis hudís de Saraqusta. Reflectiu o esplendor alcanzado polo reino taifa no período do seu máximo apoxeo político e cultural, chamado o "Palacio da Alegría".
Foi utilizado como residencia por Pedro IV de Aragón e posteriormente, na planta principal, levouse a cabo a reforma que converteu as súas estancias en palacio dos Reis Católicos en 1492. En 1593 experimentou outra reforma que o convertería en fortaleza militar, primeiro con deseños renacentistas e máis tarde como acuartelamento de militares. Nos Sitios de Zaragoza sufriu grandes danos. Foi finalmente restaurado na segunda metade do século XX.
É monumento histórico artístico dentro da arquitectura mudéxar de Aragón desde 1986.
Presidentes
[editar | editar a fonte]O actual presidente das Cortes de Aragón na XI Lexislatura é Marta Fernández Martín de Vox tralas eleccións de 2023.
Lista de Presidentes das Cortes de Aragón | ||||
Lexislatura | Nome | Partido | Inicio | Fin |
I Lexislatura | Antonio Embid Irujo | PSOE-Aragón | 1983 | 1987 |
II Lexislatura | Juan Bautista Monserrat Mesanza | CDS | 1987 | 1991 |
III Lexislatura | Ángel Cristóbal Montes | PP | 1991 | 1995 |
IV Lexislatura | Emilio Eiroa García | PAR | 1995 | 1999 |
V Lexislatura | José María Mur | PAR | 1999 | 2003 |
VI Lexislatura | Francisco Pina Cuenca | PSOE-Aragón | 2003 | 2007 |
VII Lexislatura | 2007 | 2011 | ||
VIII Lexislatura | José Ángel Biel Rivera | PAR | 2011 | 2015 |
IX Lexislatura | Antonio José Cosculluela Bergua | PSOE-Aragón | 2015 | 2016 |
Violeta Barba Borderías | Podemos | 2016 | 2019 | |
X Lexislatura | José Javier Sada Beltrán | PSOE-Aragón | 2019 | 2023 |
XI Lexislatura | Marta Fernández Martín | VOX | 2023 | no cargo |
Composición
[editar | editar a fonte]As Cortes de Aragón están formadas por 67 deputados, de acordo co disposto no Estatuto de Autonomía de Aragón. A circunscrición electoral é provincial, de modo que cada unha das tres provincias aragonesas ten asignado un número de deputados proporcionais á súa poboación:
- Provincia de Huesca: 18 deputados.
- Provincia de Teruel: 14 deputados.
- Provincia de Zaragoza: 35 deputados.
VIII Lexislatura (2011-2015)
[editar | editar a fonte]Grupos parlamentarios nas Cortes de Aragón durante a VIII Lexislatura | |||||
Grupo parlamentario | Partido | Portavoz | Líder | Escanos | |
Grupo Popular nas Cortes de Aragón | PP | Antonio Torres Millera | Luisa Fernanda Rudi (P) | 30 | |
Grupo Socialista | PSOE | José Javier Sada | Eva Almunia | 22 | |
Grupo do Partido Aragonés | PAR | Alfredo Valeriano Boné | José Ángel Biel | 7 | |
Grupo Chunta Aragonesista | CHA | Nieves Ibeas | José Luis Soro | 4 | |
Grupo Esquerda Unida de Aragón | IU | Adolfo Barrena | Adolfo Barrena | 4 |
Repartición histórica (1983-2011)
[editar | editar a fonte]1983 | 1987 | 1991 | 1995 | 1999 | 2003 | 2007 | 2011 | 2015 | 2019 | 2021 | |
Lexislatura | I | II | III | IV | V | VI | VII | VIII | IX | X | XI |
PSOE | 33 | 27 | 30 | 19 | 23 | 27 | 30 | 22 | 18 | 24 | 23 |
PPa | 18 | 13 | 17 | 27 | 28 | 22 | 23 | 30 | 21 | 16 | 28 |
PAR | 13 | 19 | 17 | 14 | 10 | 8 | 9 | 7 | 6 | 3 | 1 |
CHAb | - | - | - | 2 | 5 | 9 | 4 | 4 | 2 | 3 | 3 |
IUc | 1 | 2 | 3 | 5 | 1 | 1 | 1 | 4 | 1 | 1 | 1 |
UCD-CDS | 1 | 6 | - | - | - | - | - | - | - | - | - |
Podemos | - | - | - | - | - | - | - | - | 14 | 5 | 1 |
VOX | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 3 | 7 |
Total | 66 | 67 | 67 | 67 | 67 | 67 | 67 | 67 | 67 | 67 | 67 |
Goberno | PSOE | PAR/PP | PAR/PP ata 1993 PSOE desde 1993 |
PAR/PP | PAR/PSOE | PAR/PSOE | PAR/PSOE | PAR/PP | PP/Vox | ||
Lexislatura | I | II | III | IV | V | VI | VII | VIII | IX | X | XI |
aAP ata 1989, como AP-PDP-UL en 1983 bUA-CHA en 1987 cPCA ata 1986 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 10 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cortes de Aragón (en castelán)