Conan (Marvel Comics)
Conan é unha personaxe ficticia creada por Robert E. Howard para os relatos de Conan o bárbaro. Estes relatos de Howard foron adaptados máis ou menos de maneira fiel por Marvel Comics da man do guionista Roy Thomas e o debuxante Barry Windsor-Smith. Smith foi substituído posteriormente por John Buscema, mentres Thomas seguiu escribindo durante moitos anos. Outros escritores sobre Conan o bárbaro foron Stan Le, Wally Wood, Jim Owsley (tamén chamado Christopher Priest) ou Michael Fleisher. O escritor de A espada salvaxe de Conan foi Thomas e a maior parte dos debuxos foron realizados por Buscema, Alfredo Alcala ou Gil Kane. Tamén foron adaptadas como tira de prensa dominical dende o 4 de setembro de 1978 até o 12 de abril de 1981. Ó principio escrito por Thomas e ilustrado por Buscema, despois foi continuado por outros debuxantes e escritores. Marvel abandonou a personaxe a finais de 2000.
Outros títulos Marvel sobre Conan foron Savage Tales (1971 – 1975), Giant-Size Conan (1974–1975), King Conan/Conan the King (1980–1989), Conan the Adventurer (1994 – 1995), Conan (1995 – 1996), e Conan the Savage (1995 – 1996).
Aparicións principais
[editar | editar a fonte]Título | Números | Datas | Notas |
---|---|---|---|
Conan the Barbarian | #1 - 275 | 1970 – 1993 | |
Anual #1-12 | 1973-1987 | ||
Savage Tales | #1 - 5 | 1971–1975 | Apareceu nos cinco primeiros tomos. |
Giant-Size Conan | #1 - 5 | 1974–1975 | |
The Savage Sword of Conan the Barbarian | #1 - 235 | 1974–1995 | Edición en branco e negro. |
Anual #1 | 1975 | ||
Conan tiras de prensa | 16 historias | 1978 – 1981 | |
Handbook of the Conan Universe | #1 | 1985 | |
King Conan/Conan the King | #1 - 55 | 1980 – 1989 | O título cambiou de King Conan a Conan the King despois do tomo #19 |
Conan the Adventurer | #1 - 14 | 1994 – 1995 | |
Conan | #1 - 11 | 1995 – 1996 | |
Conan the Savage | #1 - 10 | 1995 – 1996 |