Complexo Deportivo das Eiroas
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: As Eiroas.
Complexo Deportivo das Eiroas | |
---|---|
![]() Vista do campo | |
Datos | |
Coordenadas | 43°14′08″N 8°41′13″O / 43.235416666667, -8.6868888888889 |
Localización | Rúa Bronce, no Polígono de Bértoa Carballo, Galicia |
Construción | |
Inauguración | 2001 |
Estadio | |
Superficie | Herba artificial |
Dimensións | 105 x 65 |
Capacidade | 3.500 |
Propietario | Concello de Carballo |
Localía | Bergantiños FC |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Complexo Deportivo das Eiroas é unha instalación deportiva situado na parroquia de Bértoa, no Polígono industrial; o seu propietario é o concello de Carballo.
Conta con dous recintos dedicados á práctica do fútbol, o Campo Municipal das Eiroas (inaugurado no 2001) e un campo anexo (inaugurado no 2009, cunhas dimensións de 99 x 51 e con capacidade para 2500 espectadores). No estadio principal xoga os seus partidos como local o principal equipo de fútbol da localidade, o Bergantiños FC.
No 2008 renovouse o céspede artificial. Nestas instalacións agroman os talentos das Escolas Luis Calvo Sanz, encargadas da base do fútbol carballés.