Colette
Aparencia
Sidonie-Gabrielle Colette, coñecida simplemente como Colette, nada en Saint-Sauveur-en-Puisaye o 28 de xaneiro de 1873 e finada en París o 3 de agosto de 1954, foi unha novelista, xornalista, guionista, libretista e artista de revistas e de cabaré francesa. Despois de ser recoñecida, gañou sona internacional pola súa novela Gigi, levada ao cinema por Vincente Minnelli en 1958. Foi membro da Academia Goncourt dende 1945; chegou a presidila entre 1949 e 1954 e foi condecorada coa Lexión de Honor.
Comezou a escribir co pseudónimo de 'Willy', sendo obrigada a iso polo seu primeiro marido, de dito nome. Anos despois casou co xornalista e político Henry de Jouvenal.[1]
No 2018 fíxose unha película biográfica.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- Claudine à l'école (1900). Foi traducida ao galego.[3]
- Chéri (1920)
- La Maison de Claudine (1922)
- Le Blé en herbe (1923)
- Sido (1929)
- Gigi (1944)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez Rañón, Xosé Carlos (12 de xaneiro de 2019). "A novelista carreteira". La Comarca del Eo (5156): 3.
- ↑ SensaCine. "Colette". Consultado o 2019-01-12.
- ↑ Cabana, Darío Xohán. "Claudine na escola". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-10-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Centre d'étude Colette Arquivado 01 de decembro de 2010 en Wayback Machine. (en francés)
- La Maison de Colette (en francés)
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |