Club de Roma
Club de Roma | |
---|---|
Tipo | organización sen ánimo de lucro, laboratorio de ideas, organización internacional e sociedade científica |
Campo de traballo | global problem |
Data de fundación | 7 de abril de 1968 |
Fundador(es) | Aurelio Peccei |
Nomeado en referencia a | Roma |
Presidente/a | Mamphela Ramphele (pt) (2018-) |
Nº de membros | 100 |
Traballos destacados | Os límites do crecemento |
Persoas relacionadas | Aurelio Peccei e Alexander King |
Premios | Premio da Paz do Comercio Libreiro Alemán |
Sede | Winterthur |
País | Suíza |
Na rede | |
http://www.clubofrome.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Club de Roma é unha asociación internacional creada o 8 de abril de 1968 con sede en Alemaña que se ocupa de diversas cuestións da política internacional. Os fundadores foron Alexander King e Aurelio Peccei.
Chamou a atención do público co informe The Limits to Growth, publicado en 1972 e coñecido como informe Meadows, que prevía que o crecemento económico non podería continuar indefinidamente debido á limitada dispoñibilidade de recursos naturais, en concreto do petróleo. Foi publicado en galego pola Editorial Galaxia co título «Os límites do crecemento. Informe para o proxecto do club de Roma sobre os retos da humanidade».[1]
A crise do petróleo de 1973 acentuou a preocupación polo problema. Algunhas das previsións máis temidas realizadas polo Club de Roma na década de 1970 sobre o esgotamento dos recursos aínda non se cumpriron.
Segundo a súa páxina web, está formada por “científicos, economistas, empresarios, altos cargos, xefes de Estado e ex xefes de Estado dos cinco continentes que están convencidos de que o futuro da humanidade non está decidido e que todo ser humano. pode contribuír á mellora das nosas sociedades". O presidente do capítulo español do club é, desde 2001, Isidre Fainé.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ OS LIMITES DO CRECEMENTO. INFORME PARA O PROXECTO DO CLUB DE ROMA SOBRE OS RETOS DA HUMANIDADE -. Galaxia. Maio de 2022. ISBN 9788491518457.
- ↑ "Friedenspreis Des Deutschen Buchhandels". www.epdlp.com. Consultado o 2022-07-09.
- ↑ "Friedenspreis". www.friedenspreis-des-deutschen-buchhandels.de (en alemán). Consultado o 2022-07-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Club de Roma |