Club Santos Laguna
Santos Laguna | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Club Santos Laguna S.A. de C.V. | |||
Alcume(s) | Los Guerreros Los Laguneros Los Verdiblancos | |||
Fundación | 4 de setembro de 1983 (41 anos) | |||
Estadio | Estadio Corona, Torreón, Coahuila, México | |||
Inauguración | 11 de novembro de 2009 | |||
Capacidade | 30.000 | |||
Propietario | Grupo Orlegi | |||
Presidente | Dante Elizalde | |||
Adestrador | Guillermo Almada | |||
Liga | Liga BBVA MX | |||
Apertura 2019 | 1.º | |||
Vestimenta | Joma | |||
Na rede | ||||
http://www.clubsantos.mx/ | ||||
| ||||
O Club Santos Laguna S.A. de C.V., coñecido como Santos Laguna, é un club de fútbol profesional da Comarca Lagunera, México. Compite na Liga MX.
Historia
[editar | editar a fonte]O Santos Laguna foi fundado en 1983 e chegou á máxima división do fútbol mexicano tras comprar o Ángeles de Puebla, desaparecido en 2001. O club debutou na Primeira División na tempada 1988–89. Dende entón conseguiron seis campionatos: Inverno de 1996, Verán de 2001, Clausura de 2008, Clausura de 2012, Clausura de 2015 e Clausura de 2018. Chegou tamén ás finais na tempada 1993–94, no Verán de 2000, no Bicentenario de 2010, no Apertura de 2010 e no Apertura de 2011. Ademais gañou a copa mexicana no Apertura de 2014.
O Santos é o terceiro equipo de fútbol formado na rexión de Laguna, tras o Laguna Football Club e o Football Club Torreón. En 2018, o club celebrou o seu 35º aniversario cun cambio de escudo. En 2013 foi elixido coma o quinto equipo máis popular de México.[1]
Patrocinadores
[editar | editar a fonte]Anos | Vestimenta | Patrocinador |
---|---|---|
1988–89 | Adidas | Coca-Cola |
1989–90 | Pepín | Martí |
1990–91 | ||
1991–92 | Topper | Quesos La Risueña |
1992–94 | Pony International | Coca-Cola |
1994–96 | ABA Sport | Corona Extra |
1996–00 | Corona Sport | |
2000–02 | Soriana | |
2002–10 | Atletica | |
2011–2018 | Puma | |
2018– | Charly |
Estadio
[editar | editar a fonte]Estadio Corona
[editar | editar a fonte]O Estadio Corona, en Torreón, Coahuila, foi un dos estadios máis pequenos de México, cunha capacidade para 20.100 espectadores. Coñecido coma o Estadio Montezuma, inaugurouse o 2 de xullo de 1970 cun amigable entre o CF Torreón e o Guadalajara. O estadio foi demolido o 2 de novembro de 2009.
Novo Estadio Corona
[editar | editar a fonte]O Santos Laguna xoga os seus partidos coma local no Estadio Corona, con capacidade para 30.050 espectadores. A construción comezou o 22 de febreiro de 2008 e rematou o 11 de novembro de 2009. Inaugurouse cun amigable entre o Santos Laguna e o Santos FC brasileiro, con vitoria por 2-1 do equipo local.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Competición | Títulos | Tempadas |
---|---|---|
Liga MX | 6 | Inverno 1996, Verán 2001, Clausura 2008, Clausura 2012, Clausura 2015, Clausura 2018 |
Copa MX | 1 | Apertura 2014 |
Campión de Campións | 1 | 2015 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chivas y América: los más populares (10 de marzo de 2013)