Clara de Asís
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Chiara Offreduccio 16 de xullo de 1194 Asís, Italia |
Morte | 11 de agosto de 1253 (59 anos) Asís, Italia |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Basílica de Santa Clara (pt) |
Abadesa | |
1215 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e catolicismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Misticismo, Oración e administración de empresas |
Ocupación | monxa, mística, filósofa, fundadora de orde ou congregación, autora, escritora relixiosa, Poor Clare nun (en) |
Período de tempo | Idade Media |
Orde relixiosa | Orde de Santa Clara |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 11 de agosto |
Patrón de | Doença ocular (pt) , orfebre, Obando (pt) , Santa Clara Pueblo (pt) , costureira, dourador (pt) , bordador (pt) , televisión, Coada, Orde de Santa Clara, Asís e Florencia |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Nai | Ortolana |
Irmáns | Agnes of Assisi |
Cronoloxía | |
28 de marzo de 1212 | clothing ceremony (en) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Clare, St. Encyclopædia Britannica |
Clara de Asís, nada como Chiara Offreduccio en Asís (Umbría) o 16 de xullo de 1194 e finada o 11 de agosto de 1253, foi unha santa italiana, seguidora fiel de Francisco de Asís e fundadora da Orde de Santa Clara, referente feminino da vida franciscana.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Clara de Asís naceu froito do matrimonio formado por Favorino Scifi, conde de Sasso-Rosso, nobre e rico cabaleiro, e Ortolana Fiumi. Ortolana era unha grande devota e xa emprendera peregrinacións aos santos lugares de Roma, Santiago de Compostela e Xerusalén.[2]
En 1210, Clara de Asís establece o seu primeiro contacto coas novas achegas franciscanas (orde relixiosa creada pouco antes polo papa Inocencio III) acolléndoas con grande agarimo e entusiasmo. O 20 de marzo de 1212, a familia decide casala con Paolo Di Gandria, cabaleiro cruzado, nado en Perugia. Na súa desesperación, Clara renunciou á súa condición e fuxiu da casa paterna atopando acubillo no mosteiro de San Damiano onde permaneceu até a súa morte. Vestía túnicas grosas e rudas e lucía o cabelo rapado para indicar a súa aceptación dos votos de pobreza, castidade e obediencia.
Nun primeiro intre, refuxiouse no mosteiro beneditino de San Paolo delle Abadesse, para posteriormente ingresar en Sant'Angelo in Panza na localidade de Mont Subasio. A súa irmá máis nova Agnese tamén fuxiría da casa paterna para seguila até Sant'Angelo. Finalmente Santa Clara e a súa irmá trasladaríanse a San Damiano, onde fundarían a Orde das Damas Pobres (tamén coñecida como Orde de San Damiano) primeiro vestixio da futura Orde de Santa Clara.
A diferenza da Orde Franciscana, cuxos membros predicaban por todo o país, as irmás de Santa Clara víronse relegadas á máis absoluta vida monacal, xa que un plan de vida itinerante era inimaxinable para a muller daquel tempo. Deste xeito as súas vidas circunscribíanse á oración e aos traballos manuais no mosteiro.
Nos seus comezos a orde foi dirixida por Francisco de Asís, porén, en 1216, Santa Clara convértese na abadesa de San Damiano, defendendo a súa orde das tentativas de prelados de imporlles unha régula que máis se semellaba á Régula de San Benedito que aos estritos votos da vida franciscana.[3] Santa Clara tamén xogou un papel significativo na vida de Francisco de Asís, téndoo como pai espiritual e prestándolle diversos coidados durante as súas enfermidades até a súa morte en 1226.[4][5]
Logo da morte de San Francisco, Clara de Asís promoveu aínda máis a súa orde, frustrando cada tentativa papal de imporlles unha régula ás irmás clarisas.[6] Este feito amoleceu o compromiso radical ao que se abrazara un tempo.
Foi coñecida pola súa lealdade a San Francisco, polo que se lle chegou a coñecer como alter Franciscus, outro Francisco.[3]
O 9 de agosto de 1253, a bula papal Solet annuere promulgada polo papa Inocencio IV confirmou a Orde de Santa Clara como herdeira de Orde das Damas Pobres.[7][8] Dous días despois, o 11 de agosto, Santa Clara morrería á idade de 59 anos .
O 15 de agosto de 1255, o papa Alexandre IV declarou santa a Clara de Asís na catedral de Anagni, rematando así un rápido proceso de canonización. En 1263, o papa Urbano IV oficialmente muda o nome de "Orde das Damas Pobres" por Orde de Santa Clara. O 17 de febreiro de 1958, o papa Pío XII nomeouna patroa da televisión tendo en conta que supostamente a santa experimentara con todos os seus sentidos as exequias fúnebres de San Francisco estando fisicamente na súa alcoba monacal.[9]
As súas reliquias poden ser contempladas na cidade italiana de Asís.
En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia dous lugares levan o nome de Santa Clara: Santa Clara de Novás, en San Pedro de Muro (Porto do Son), e Santa Clara en Xanza (Valga). Amais, varios conventos levan o seu nome, como os de Allariz, Santiago de Compostela, Tui ou e Pontevedra.
Santa Clara é avogosa para o bo tempo. Por iso, para asegurar o sol no día da voda, é costume en Santiago, Pontevedra e A Coruña levar ovos a Santa Clara.[10][11][12] Tamén en Santiago, desde hai pouco[cando?], pídeselle que interceda para conseguir boas notas nos exames[Cómpre referencia].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATHOLIC ENCYCLOPEDIA: St. Clare of Assisi". www.newadvent.org. Consultado o 2022-11-20.
- ↑ "Ortolana, la madre di S. Chiara". www.fraticappuccini.it. Consultado o 2022-11-20.
- ↑ 3,0 3,1 Online, Catholic. "St. Clare of Assisi - Saints & Angels". Catholic Online (en inglés). Consultado o 2022-11-20.
- ↑ Media, Franciscan. "Saint Clare of Assisi | Franciscan Media". www.franciscanmedia.org (en inglés). Consultado o 2022-11-20.
- ↑ "K. Esser, Los escritos de san Francisco a santa Clara de Asís". www.franciscanos.org. Consultado o 2022-11-20.
- ↑ "El itinerario histórico de la Regla de Santa Clara de Asís". www.franciscanos.org. Consultado o 2022-11-20.
- ↑ "C. A. Lainati: Regla de santa Clara de Asís". www.franciscanos.org. Consultado o 2022-11-20.
- ↑ "E. Grau, Confirmación papal de la Regla de santa Clara". www.franciscanos.org. Consultado o 2022-11-20.
- ↑ "Chiara d'Assisi - La Comunicazione". www.lacomunicazione.it. Consultado o 2022-11-20.
- ↑ "Huevos para que no llueva en las bodas". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-11-20.
- ↑ "Convento Santa Clara Pontevedra: cousas que non sabías". santaclarapontevedra.gal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-20.
- ↑ Otero, Marta (2019-07-06). "La vida secreta de las Clarisas en A Coruña". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-11-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BARTOLI, M. (1989). Chiara d'Assisi. Roma: Instituto Storico dei Cappucini.
- BARTOLI, M. (2012). La Santidá di Chiara d'Assisi. Asís: Edizione Porziuncola.
- BOCCALI, G. (2003). Santa Chiara d'Assisi sotto processo. Lettura storico spirituale degli atti di cannonizzazione. Asís: Edizione Porziuncola.
- DA CELANO, T. (2002). Vita di S. Chiara vergine d'Assisi. Asís: Edizione Porziuncola.
- FRUGONI, C. (2006). Una solitudine abitata. Chiara d'Assisi. Bari: Editori Laterza.
- FRUGONI, C. (2011) Storia di Chiara e Francesco. Turín: Giulio Einaudi editore.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Clara de Asís na Encilopedia Británica (en inglés).
- Artigo sobre Clara de Asís en Catholic Encyclopedia (en inglés).
- Biografía de Santa Clara de Asís na páxina web da Orde Franciscana Secular (en español)
- Saint Clare of Assisi in Patron Saints Index