Saltar ao contido

Charles Schulz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCharles Schulz

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Charles Monroe Schulz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Minneapolis, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte12 de febreiro de 2000 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Santa Rosa, Estados Unidos, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSebastopol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónArt Instruction Schools (en) Traducir
St. Paul Central High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBanda deseñada Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndebuxante de banda deseñada, xornalista, ilustrador, escritor, xogador de hóckey sobre xeo, artista, guionista, artista de banda deseñada, deseñador de selos Editar o valor en Wikidata
AlumnosPhil Roman (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJean Forsyth Clyde (1973–2000), morte da persoa
Joyce Halverson (1951–1972), divorcio Editar o valor en Wikidata
PaisCarl Schulz Editar o valor en Wikidata  e Dena Schulz Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBilly Ireland Cartoon Library & Museum biographical files (en) Traducir
Obálky knih,
Iedereen Leest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webpeanutsstudio.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0776433 Allocine: 532728 Allmovie: p227622 IBDB: 11161
BNE: XX1145037 Musicbrainz: 309acbf3-f9b5-4139-ab3f-aa45e98c546a Discogs: 1093438 WikiTree: Schulz-482 Find a Grave: 8520 Editar o valor en Wikidata

Charles Monroe Schulz, nado en Minneapolis o 26 de novembro de 1922 e finado en Santa Rosa o 12 de febreiro de 2000, foi un debuxante estadounidense, coñecido en todo o mundo polas tiras cómicas de Charlie Brown e do seu grupo. Pasou de ser un neno tímido ó que nada lle saía ben a converterse no debuxante que con máis tenrura conseguiu amosar o lado oculto do soño americano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun barbeiro alemán, Carl, e dunha ama de casa, Dena, era un fillo tímido que foi alentado polos seus pais no debuxo, sendo matricularono xa de pequeno nun curso por correspondencia dunha academia local. Cando fixo os 21 anos alistouse no exército para ver se alí se facía un pouco máis duro e, efectivamente, dous anos despois, en 1945, era xa un soldado da 20ª División Blindada que avanzaba co exército de liberación por Francia e Alemaña. O horror de todo o que viu nesa época volveuno máis escéptico co xénero humano.

De volta a casa, en 1948, creou unha historieta de nenos, xénero moi de moda por aquel entón, titulada Li'Folks. En 1950 conseguiu vendela para a súa comercialización ó gran sindicato United Feature co nome de Peanuts (Cacahuetes). Os seus personaxes tiveron grande éxito entre grandes e maiores, os primeiros debido á sinxeleza dos debuxos e os personaxes, e os segundos dada a mensaxe que cada un de dos personaxes escondía tras de si.

O autor que estaba reflectido en cada un dos personaxes, Charlie Brown e Snoopy os que máis. Morreu de cancro de colon no ano 2000.

Proba do éxito da súa obra son a portada de Time e de Life que protagonizaron os seus personaxes; que a NASA bautizou como Charlie Brown ó módulo de mando do Apolo X e como Snoopy ó módulo lunar; que cando Ronald Reagan era gobernador de California, declarouse o 25 de maio como día de Charles Schulz, ou que o ministro de arte francés Jack Lang nomeouno Cabaleiro da Orde das Artes e das Letras.