Chalé Antón
Chalé Antón | |
---|---|
Chalé Antón en Ferrol | |
Edificio | |
Estilo | modernista |
Localización | Ferrol |
Coordenadas | 43°28′52″N 8°14′28″O / 43.481068, -8.241227 |
Propietario | Discípulas de Jesús |
Uso(s) | centro educativo |
Construción | |
Inicio | 1918 |
Dimensións | |
Plantas | 3 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Rodolfo Ucha Piñeiro |
Promotor | Emilio Antón Iboleón |
[ editar datos en Wikidata ] |
O chalé Antón, tamén coñecido como casa Antón, é un edificio de estilo modernista, proxectado na cidade de Ferrol polo arquitecto galego Rodolfo Ucha Piñeiro en 1918. A casa, destinada a vivenda particular, foi un encargo de Emilio Antón Iboleón, comerciante e alcalde da cidade en diferentes lexislaturas.[1]
Características
[editar | editar a fonte]O edificio constaba orixinariamente dun semisótano, planta baixa, primeiro piso e segunda planta baixo-cuberta. Con todo, unha reforma executada en 1960 alterou a súa imaxe e volumetría ao engadírselle unha altura máis, que eliminou o xogo de cubertas e bufardas, características orixinais que lle outorgaban unha especial singularidade.[2]
Na fachada destacan a decoración dos vans, especialmente nos guardapolvos e parte inferior dos antepeitos. E moi particularmente o miradoiro hexagonal situado na esquina, con amplas xanelas de carpintaría de madeira, inequivocamente modernistas, rematado por un estilizado chapitel.[2] A entrada ao edificio prodúcese a través dun patio de clara inspiración andaluza, co que Emilio Antón lembraba a terra da súa muller.[1] Destacan igualmente as marquesiñas de vidro montadas sobre forxa, e o cerramento da leira con machones e reixes de coidado deseño. A edificación pertence ao conxunto histórico-artístico do barrio da Magdalena e á ruta modernista de Ferrol.[3] Na actualidade, o edificio é sede do Colexio «Jesús Maestro» das Discípulas de Jesús. [4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Burgoa, Juan José (19 de novembro de 2017). "Emilio Antón Iboleón". Diario de Ferrol (Grupo La Capital). Consultado o 26 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Castelo Álvarez, Bernardo (2000). Ferrol: morfología urbana y arquitectura civil, 1900-1940 (1ª ed.). A Coruña: Universidade da Coruña. pp. 295–298. ISBN 84-95322-74-9.
- ↑ Oficina de Turismo. "Modernismo en Ferrol" (PDF). Ruta por el Modernismo ferrolano (en español). Concello de Ferrol. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2022. Consultado o 26 de abril de 2020.
- ↑ Colegio Jesús Maestro. "Edificio singular" (en español). Consultado o 26 de abril de 2020.