Saltar ao contido

Cavíidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cavíidos
Caviidae

Rango fósil: mioceno medio - actualidade

Cobaia do Brasil Cavia aperea
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborde: Hystricomorpha
Infraorde: Hystricognathi
Familia: Caviidae
Fischer von Waldheim, 1817
Subfamilias, Xéneros e Especies
Véxase o texto

A dos cavíidos (Caviidae) é unha familia de mamíferos da orde dos roedores, suborde dos histricomorfos e infraorde dos histricognatos,[1] que inclúe especies de variado tamaño, algunhas delas singularmente grandes en relación á maioría dos integrantes da orde, como a capibara (Hydrochoerus hydrochaeris), que ás veces é clasificada dentro dunha familia propia, a dos hidroquéridos (Hydrochoeridae), aínda que ultimamente tende a ser situada dentro dos cavíidos, incluso compartindo subfamilia (a dos Hydrochoerinae) coas dúas especies de cobaias das rochas (xénero Kerodon).

Características

[editar | editar a fonte]

Coa excepción das maras, que teñen un aspecto máis similar ao do coello, os cavíidos teñen o corpo curto, pesado e coa cabeza grande e rectangular, paralepipédica, e unha cola moi pequena ou ausente. Posúen catro dedos nas extremidades anteriores e tres nas posteriores. O seu tamaño varía desde o das pequenas cobaias, de 22 cm de lonxitude corporal e 300 g de peso, até a capibara, o máis grande dos roedores, de 106 a 134 cm de lonxitude e peso corporal de 35 a 66 kg. Formas aínda máis grandes existiron no plioceno, como Phugatherium, que era do tamaño dun tapir.[2]

Son herbívoros, comendo pastos duros ou follas tenras, dependendo da especie. A fórmula dentaria é similar á de varios outros roedores: 1.0.1.3 / 1.0.1.3. As femias paren a dúas ou tres crías, que nacen xa cubertas de pelo e son plenamente activas, despois dun período de xestación de 50 a 90 días na maioría das especies, ou de 150 días na capibara. Na maioría das especies son sexualmente maduros aos poucos meses de naceren, aínda que nas capibaras a madurez sexual non se alcanza até os 18 meses.[3] (Estas, e outras diferenzas coa capibara é o razón pola que algúns autores separan esta especie a unha familia propia).

A organización social varía amplamente no grupo. Moitos coellos de Indias son promiscuos, e non forman grupos sociais de longa duración, aínda que nalgunhas especies os machos manteñen haréns de dúas ou máis femias. En contraste, as maras son monógamas, e forman garderías coloniais temporais coloniais para coidar as crías de varias nais. As capibaras viven en grupos de ao redor de 10 individuos, ás veces moitos máis, cada un cun só macho dominante e varias femias e machos xuvenís.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1817 polo naturalista alemán Johann Fischer von Waldheim, residente daquela en Rusia, nun traballo publicado nas Mem. Soc. Imp. Nat. de Moscova, 5: 372.[1]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A familia dos cavíidos está dividida en tres subfamilias, sete xéneros e vinte especies:[1]

Familia Caviidae

  1. 1,0 1,1 1,2 Caviidae no MSW.
  2. Savage, R. J. G. & Long, M. R. (1986): Mammal Evolution: an illustrated guide. New York: Facts on File. ISBN 0-8160-1194-X, pp. 125–126.
  3. 3,0 3,1 Herrera, E., Lacher, T. E., Macdonald, D. & Taber, A. B. (1984), en Macdonald, D., ed. The Encyclopedia of Mammals. New York: Facts on File. ISBN 0-87196-871-1, pp. 690–699.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • Rowe, D. L. & R. L. Honeycutt (2002): "Phylogenetic relationships, ecological correlates, and molecular evolution within the Cavioidea (Mammalia, Rodentia)". Molecular Biology and Evolution 19: 263-277.
  • Woods, C. A. & Kilpatrick, C. W. (2005): "Infraorder Hystricognathi". En Wilson, D. E.; Reeder, D. M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, pp. 1552–1555.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]