Castilla-La Mancha Media
Aparencia
Radiotelevisión de Castilla-La Mancha (RTVCM) é a empresa pública de radio e televisión autonómica de Castela-A Mancha. É membro da FORTA, a federación de radio e televisións autonómicas. A súa sede central está en Toledo.
Foi creado por decreto das Cortes rexionais o 26 de maio de 2000. O 30 de maio de 2001 empezou as súas emisións Radio Castilla-La Mancha (RCM) e o 13 de decembro de 2001 comezou as emisións regulares Castilla-La Mancha Televisión (CMT).
Servizos
[editar | editar a fonte]Televisión:
- Castilla-La Mancha Televisión (13 de decembro de 2001).
- Castilla-La Mancha Televisión 2 (9 de febreiro de 2009-15 de decembro de 2011).
- Castilla-La Mancha Televisión HD (1 de agosto de 2012).
Radio:
- Radio Castilla-La Mancha (30 de maio de 2001).
Medios interactivos:
- Teletexto (13 de decembro de 2001).
- RTVCM.es (23 de setembro de 2002).
- Castilla-La Mancha Televisión en Internet (en directo a través da web de RTVCM dende o 1 de novembro de 2013).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial da RTVCM Arquivado 27 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.