Casa de América
Casa de América | |
---|---|
Tipo | Consorcio cultural |
Data de fundación | 15 de xullo de 1992 |
Fundador(es) | Ministerio de Asuntos Exteriores, Comunidade de Madrid, Concello de Madrid |
Sede | Palace of Linares |
País | España |
Na rede | |
http://www.casamerica.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Casa de América, coñecida tamén coloquialmente como Casa América (por exemplo, nos programas de entrevistas da TVE), é un consorcio creado en 1990 e integrado polo Ministerio de Asuntos Exteriores de España, a través da Secretaría de Estado de Cooperación Internacional e para Iberoamérica e o Caribe (SECIPIC), a Comunidade de Madrid e o Concello de Madrid.
Coordínase a través do Consello Reitor, órgano superior de dirección do Consorcio, así como da Comisión Delegada de dito Consello Reitor formada por un representante de cada unha das tres Institucións máis o Director Xeral.
Este consorcio ten como sede o Palacio de Linares en Madrid.
En decembro de 2018 foi nomeado director da Casa de América Antonio Pérez-Hernández y Torra.
Fundación
[editar | editar a fonte]O Consorcio foi fundado en 1990 polo Ministerio de Asuntos Exteriores y Cooperación, a Comunidade de Madrid e o Concello de Madrid, con ocasión dos preparativos dos actos de celebración do V Centenario do Descubrimento de América. O Ministerio de Asuntos Exteriores, a Comunidade de Madrid e o Concello de Madrid constituíronse como membros fundadores da Institución, que ten a súa sede no Palacio de Linares.
Obxectivos
[editar | editar a fonte]Casa de América é un consorcio público que ten como obxectivo estreitar os lazos entre España e o continente americano, especialmente con Latinoamérica. Este acercamento foméntase a través da organización de seminarios, conferencias, mesas redondas, exposicións, charlas maxistrais, proxeccións, concertos, coloquios, presentacións, talleres etc., distintos formatos que perseguen o mesmo fin: propiciar un clima adecuado para falar de temas americanos, no que participan membros de gobernos de ambos os lados do océano Atlántico, medios de comunicación, corpo diplomático, empresas, sociedade civil, ámbito académico, literario e artístico, e institucións.
A Institución, plataforma e ferramenta da diplomacia pública española, centrou a programación sobre os acontecementos e personaxes de máxima importancia en cada momento, até converterse en catalizador e divulgador da actualidade americana, sen esquecer difundir o legado histórico e cultural.
O Consorcio Casa de América fundouse en 1990
A sede de Casa de América acolleu o II Cumio Iberoamericano en xullo de 1992. O rei Juan Carlos I e os Xefes de Estado e de Goberno que participaron no Cumio, inauguraron a Institución.
Casa de América recibiu desde entón as personalidades máis relevantes do continente: mandatarios, políticos, economistas, autores, sociólogos, artistas etc.
Casa de América tamén ten unha intensa actividade nas redes sociais e o mundo dixital. A través da súa páxina web difúndense todos os seus contidos e anúncianse todas as actividades do Consorcio. Ademais, publican se entrevistas e reportaxes relacionados cos actos organizados e nos que aparecen os distintos personaxes que neles participan. Tamén ten seccións específicas dedicadas a dar a coñecer novos artistas, que poden enviar e mostrar a súa obra de modo virtual.
A Casa de América naceu como un dos proxectos para a conmemoración do Quinto Centenario do Encontro de dous Mundos e foi inaugurada en 1992 con motivo da capitalidade cultural europea de Madrid e coincidindo coa celebración do II Cumio Iberoamericano de xefes de Estado e de Goberno, polo rei e os mandatarios asistentes ao Cumio.
Co obxectivo de fomentar o mellor coñecemento entre os pobos iberoamericanos e España, a Casa de América configúrase como centro activo e dinámico para o desenvolvemento de todo tipo de actividades, fomentando o debate, a reflexión e a investigación sobre temas de contido cultural, artístico, ideolóxico, social, científico, tecnolóxico, económico e político. Trátase de crear un foro e punto de encontro obxectivo e aberto orientado á difusión daqueles elementos que, nalgunha medida, poidan contribuír a estreitar os lazos que unen aos países integrantes da Comunidade Iberoamericana de Nacións, así como ao acercamento institucional entre América e Europa.
Órganos de goberno e xestión
[editar | editar a fonte]Os órganos de goberno e xestión son:
- Director Xeral. Antonio Pérez-Hernández Torra é o Director Xeral de Casa de América desde decembro de 2018.
- Alto Padroado. Presidido por S. M. o Rei, está formado por multinacionais e institucións españolas e americanas. O apoio do Alto Padroado é fundamental para a consecución dos fins da Casa de América.
- Consello Reitor. O Consorcio Casa de América está formado por tres institucións: o Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, a Comunidade de Madrid e o Concello de Madrid. Cada unha delas designa a seis representantes. A presidencia do Consello é rotatoria cada dous anos.[1]
Actividades
[editar | editar a fonte]- Literatura. Mesas redondas, lecturas, presentacións de libros, homenaxes, seminarios, conferencias, xornadas.[2]
- Cine. Proxeccións, estreas, presentacións, charlas debate, cursos.[3]
- Teatro. Representacións, estreas, actuacións.[4]
- Música. Concertos, clases maxistrais, presentacións de discos.[5]
- Arte. Exposicións e mostras, instalacións, intervencións.[6]
- Programación infantil. Contacontos, teatro de monicreques, teatro, maxia.[7]
- Política e economía. Mesas redondas, almorzos-coloquio, clases maxistrais, conferencias, presentacións de libros.[8]
- Ideas e debate. Mesas redondas, clases maxistrais, presentacións de libros, conferencias.[9]
- Migracións. Mesas redondas, conferencias, presentacións de libros.[10]
- Historia. Mesas redondas, presentacións de libros, conferencias.[11]
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Planeta-Casa de América, convocado por Casa de América e a editorial Planeta co obxectivo de promover a narrativa en lingua española.[12]
- Premio Casa de América de Poesía Americana, convocatoria que pretende estimular a escritura poética no ámbito das Américas, con especial atención a poemas que abran ou exploren perspectivas inéditas e temáticas renovadoras.[13]
- Premio Iberoamericano Debate-Casa de América, premio de non ficción convocado por Casa de América e o selo editorial Random House Mondadori co propósito de fomentar a reflexión e la crítica en torno ás realidades do noso tempo.[14]
- Premio Bartolomé de las Casas, premio convocado pola Secretaría de Estado de Cooperación Internacional e a Casa de América, que outorga o recoñecemento internacional a aquelas persoas ou institucións que destacaran ao longo do tempo na defensa do entendemento e concordia cos pobos indíxenas de América, na protección dos seus dereitos e no respecto dos seus valores.[15]
- Axuda á Post produción do Cine Latinoamericano, premio creado como contribución activa da Casa de América á sección Cine en Construción do Festival Internacional de Cine de Donostia – San Sebastián co obxectivo de brindar un espazo real aos cineastas de América Latina e contribuír á divulgación cultural das súas obras.[16]
Horarios
[editar | editar a fonte]- Punto de información. De luns a venres de 9:00 a 20:00
- Exposicións
- De luns a sábados de 11:00 a 19.30 (ininterrompidamente)
- Domingos de 11:00 a 15:00 (ininterrompidamente)
- Sala de proxeccións: Cine Iberia. De mércores a sábado: 19:30. As sesións anunciadas poden sufrir cambios, por razóns alleas á Institución. Véxase a Axenda para comprobar o horario de cada proxección.
- 5 euros: xeral.
- 3 euros: estudantes de cine, maiores de 65 anos, carné xove, empregados de Telefónica e Iberia e titulares de Iberia Plus e Iberia Singular.
- No Punto de Información (Praza de Cibeles s/n). De luns a venres de 11:30 a 14:30, e de 16:30 a 19:30. Sábados de 18:30 a 19:30. Venda anticipada exclusivamente de luns a venres.
- Capacidade limitada: 90 localidades. As entradas son numeradas pero unha vez comezada a sesión perderase o dereito ao número do asento reservado.
As entradas para as sesións gratuítas (2 por persoa) comezarán a distribuírense a partir das 18:00 horas.
- Visitas guiadas
- Sábados e domingos: 11:00 | 12:00 | 13:00
- Venda de entradas no despacho de billetes. Durante a fin de semana, antes de cada visita, poranse á venda as entradas das prazas dispoñíbeis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Extracto do Preámbulo dos Estatutos da Casa de América, aprobados en Madrid o 7 de marzo de 1990 e modificados polo Consello Reitor en datas do 23 de febreiro de 1994 e do 11 de decembro de 1997.
- ↑ Agenda. Literatura.
- ↑ Agenda. Cine.
- ↑ Agenda. Teatro.
- ↑ Agenda. Música.
- ↑ Agenda. Arte.
- ↑ Agena. Programación infantil.
- ↑ Agenda. Política y Economía.
- ↑ Agenda. Ideas y debate.
- ↑ Agenda. Migraciones.
- ↑ Historia.
- ↑ Premio Iberoamericano Planeta - Casa de América de Narrativa.
- ↑ Premio Casa de América de Poesía Americana.
- ↑ Premio Iberoamericano Debate - Casa de América.
- ↑ Premio Bartolomé de las Casas.
- ↑ Premio Casa de América: Ayuda a la Postproducción del Cine Latinoamericano.