Cardiff
Cardiff (en-gb) Caerdydd (cy) | |||||
Lema | «Deffro! Mae'n Ddydd!» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Taff | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Gales | ||||
Área principal | Cardiff (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 361.469 (2016) (2.576,4 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua galesa lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 140,3 km² | ||||
Bañado por | Taff, Canle de Bristol e River Ely (en) | ||||
Altitude | 41 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1081 | ||||
Evento clave
| |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | CF | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 029 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | cardiff.gov.uk | ||||
Cardiff (en galés: Caerdydd) é a capital e cidade máis importante de Gales. Situada na canle de Bristol, ó suroeste de Gales e preto da fronteira con Inglaterra, expandiuse enormemente durante o século XIX debido á industria mineira e ó tráfico dos seus portos.
Segundo o censo de 2011, a poboación de Cardiff é de 341.054 habitantes, sendo a décima cidade máis grande do Reino Unido.
Historia
[editar | editar a fonte]Época romana ata a Idade Media
[editar | editar a fonte]Cardiff fortificouse durante a ocupación das Illas Británicas pola Roma antiga. Cando o dominio en Britania rematou a principios do século V, o forte abandonouse.[1] Os restos da fortificación orixinal segue sendo visible no Castelo de Cardiff.
En 1091 Robert Fitzhamon comezou a traballar no castelo para preservar as murallas da antiga fortaleza romana. O edificio modificaouse substancialmente e ampliouse durante a Época vitoriana por John Crichton-Stuart, 3º marqués de Bute e o arquitecto William Burges.
Á sombra do castelo creceu unha pequena cidade formada principalmente por colonos de Inglaterra.[2] Durante a Idade Media, a poboación de Cardiff oscilou entre os 1500 e 2000 habitantes,[3] o tamaño normal dunha cidade Galesa na época. Non obstante, a finais do século XIII, Cardiff era a única cidade de Gales cunha poboación de máis de 2000 habitantes, aínda que era relativamente pequena en comparación con outras cidades do Reino de Inglaterra.[4]
Durante a Idade Media, o porto da cidade adquiriu importancia e contra 1327 xa se convertera no elemento básico da cidade. A principios do século XII, construíuse unha palisada de madeira arredor do seu perímetro para protexela.
En 1404 Owain Glyndwr queimou Cardiff e tomou o castelo.[1] Dado que a cidade aínda era moi pequena, a maioría dos edificios, que eran de madeira, foron reducidos a cinzas. Pouco despois reconstruíuse e comezou a florecer unha vez máis.[3]
Cidade condado de Glamorganshire
[editar | editar a fonte]En 1536, a Union Act entre Inglaterra e Gales levou á creación da comarca de Glamorgan, e Cardiff formou unha cidade condado (County town capital dun condado). Neste momento, a familia Herbert converteuse na familia máis poderosa da rexión.[2] En 1538, Henrique VIII de Inglaterra pechou os conventos da Orde dos Predicadores e franciscanos, cuxos restos se empregaron como materiais de construción.[3]
A cidade converteuse en Municipio Libre en 1542, e en 1581, Isabel I concedeu o seu primeiro Real decreto.[2] A cidade obtivo un segundo decreto real en 1608.[5]
Durante a Segunda Guerra Civil Inglesa, librouse en St. Fagans, ao oeste da cidade, a batalla de St. Fagans, que terminou cunha vitoria decisiva dos parlamentaristas fronte aos realistas e permitiu a Oliver Cromwell conquistar o País de Gales.[1] Tamén foi a última gran batalla que tivo lugar neste territorio, con 200 soldados mortos (a maioría eran fieis á Coroa).[2]
Na década de 1790 estableceuse un servizo de dilixencias que comunicaba con Londres, construíuse un hipódromo e instalouse unha imprenta, bancos e cafeterías. A pesar destas melloras, a súa posición na xerarquía urbana galesa diminuíu durante o século XVIII. Iolo Morganwg chamouno "un lugar escuro e insignificante", e o censo de 1801 reflectía unha poboación de 1870 habitantes, convertendo a Cardiff na vixésimo quinta cidade de Gales, moi atrás de Merthyr e Swansea.[6]
Construción dos peiraos
[editar | editar a fonte]En 1793 naceu John Crichton-Stuart, 2º marqués de Bute, que pasou a vida construíndo os peiraos da cidade e foi chamado «o creador do moderno Cardiff».[2] En 1815 estableceuse un servizo por dúas veces por semana a Bristol.[7]
Durante a revolución industrial, a maioría do carbón exportado do mundo sae do porto de Cardiff e a riqueza que xera permite a remodelación do Castelo de Cardiff e de Castell Coch. A cidade creceu rapidamente desde a década de 1830 e converteuse no principal porto exportador de carbón dos vales de Cynon, Rhondda e Rhymney, medrando entre 1840 e 1870 a un ritmo de case o 80% por década. Gran parte do crecemento debeuse a Migración dentro e fóra de Gales, en 1851, a cuarta parte da poboación da cidade era inglesa por nacemento e máis do 10% nacera en Irlanda. No censo de 1881, superou tanto a Merthyr como a Swansea e converteuse na maior cidade galesa. En 1893, construíuse a Universidade de Gales.[6]
Na década de 1880 a cidade enfrontouse a un gran reto cando David Davies Llandinam e a Empresa de Ferrocarrís Barry promoveron o desenvolvemento de peiraos de Barry, os rivais do peirao de Cardiff. Estes peiraos tiñan a vantaxe de ser accesibles independentemente do estado da marea. Por iso, as exportacións de carbón de Barry superaron a de Cardiff desde 1901, pero a administración do comercio de carbón seguiu centrada nesta cidade, en particular a súa "Bolsa de carbón". A cidade tamén reforzou a súa base industrial coa decisión de Guest, Keen e Nettlefolds (os propietarios da fundición de Dowlais Merthyr) de construír unha nova siderurxia preto dos peiraos en `East Moors 'en 1890.
Estatuto de cidade
[editar | editar a fonte]O 28 de outubro de 1905, Cardiff obtivo o status de cidade de Eduardo VII, construíuse unha catedral católica en 1916. Nos anos seguintes situáronse na cidade un número crecente de institucións nacionais, como o Museo Nacional de Gales.
Despois dun breve boom despois da primeira guerra mundial, os peiraos de Cardiff entraron nun declive prolongado no período de entreguerras. En 1936 o seu comercio era menos da metade do seu valor en 1913, o que reflectía a caída da demanda de carbón de Gales.[6] Os bombardeos que sufriu durante a segunda guerra mundial incluíu a devastación da Catedral de Llandaff e nos anos da posguerra, o vínculo da cidade coa familia Bute chegou ao seu fin.
En resposta a unha solicitude do Ministro do Interior Gwilym Lloyd George, o 20 de decembro de 1955 converteuse na capital de Gales. Caernarfon tamén aspiraba ao título.[8] En 1958 a cidade albergou os Commonwealth Games e converteuse nun centro de administración nacional co establecemento da Oficina de Gales en 1964 que máis tarde levou a a creación doutros organismos públicos como o Welsh Arts Council e o Welsh Development Agency, a maioría dos cales se localizaron nesta cidade.
Despois do peche das industrias siderúrxicas "East Moors" en 1978, a cidade perdeu poboación durante os anos 80.[9] Non obstante, recuperouse e foi unha das poucas cidades (ademais de Londres), onde a poboación creceu durante a década seguinte.[10] Durante este período, a "Cardiff Bay Development Corporation" promoveu a conversión industrial ao sur da cidade. Unha avaliación da rexeneración de Baía de Cardiff, publicada en 2004, concluíu que o proxecto "reforzou a posición competitiva de Cardiff [e] contribuíu a unha enorme mellora da calidade do ambiente construído" .
Edificios e lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Millennium Stadium. Trátase do campo de rugby cuberto máis grande do Reino Unido, cunha capacidade dunhas 74.500 persoas. Foi construído en 1999 para a celebración do Campionato do Mundo de rugby, nel celébranse tamén concertos e algúns outros acontecementos deportivos.
- O Castelo de Cardiff. Foi construído en 1091 e reformado durante a época vitoriana.
- Millenium Centre. É un complexo de danza e artes dramáticas situado na badía de Cardiff. Inaugurouse en novembro de 2004.
- Museo e Galería Nacional de Cardiff. Terminado de construír en 1927, contén numerosas obras impresionistas, como O Bico de Auguste Rodin, realizado en bronce, ou La Parisienne, de Pierre-Auguste Renoir.
- Bute Park. Xigantesco parque que se estende dende o Castelo de Cardiff cara ó norte, atravesando o centro urbano e seguindo o curso do río Taff.
- A catedral de Llandaff, do século XIII.
- Casa Consistorial.
Irmandades
[editar | editar a fonte]Cardiff está irmandada coas seguintes cidades:
Anteriormente estivo irmandada con Baltimore nos Estados Unidos de América pero este acordo expirou hai tempo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "A Cardiff & Vale of Glamorgan Chronology up to 1699". Bob Sanders. Consultado o 29 de febreiro de 2008.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Cardiff Timeline". Cardiffians. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2008. Consultado o 29 de febreiro de 2008.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "A SHORT HISTORY OF CARDIFF". Tim Lambert. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2012. Consultado o 29 de febreiro de 2008.
- ↑ Campbell, Bruce M S (25 de agosto de 2006). "Benchmarking medieval economic development: England, Wales, Scotland, and Ireland, circa 1290" (PDF). Consultado o 20 de maio de 2008.
- ↑ "A History Lovers Guide to Cardiff". GoogoBits.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2008. Consultado o 31 de decembro de 2007.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 The Welsh Academy Encyclopedia of Wales. Cardiff: University of Wales Press 2008.
- ↑ "A Cardiff Vale of Glamorgan Chronology 1700 - 1849". Bob Sanders. Consultado o 4 de marzo de 2008.
- ↑ "Cardiff as Capital of Wales: Formal Recognition by Government". The Times. 21 de decembre de 1955.
- ↑ "Cardiff Wales Through Time - Population Statistics". Consultado o 20 de maio de 2008.
- ↑ "The Growth and Decline of Cities and Regions" (PDF). 1 de xullo de 2004. Consultado o 20 de maio de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cardiff |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cardiff Council site Arquivado 31 de outubro de 2004 en Wayback Machine. (en inglés)
- Citypedia Cardiff (en inglés)