Capítulo (botánica)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Capítulo (relixión).
En Botánica, capítulo é un tipo de inflorescencia racimosa ou aberta na que o pedúnculo ensánchase na extremidade formando un disco algo groso, chamado receptáculo común. Este receptáculo común áchase rodeado por unha ou máis series de brácteas. Sobre este órgano disponse as flores sésiles (sen pedicelo) acompañadas ou non polas súas correspondentes brácteas. É a inflorescencia típica da familia das compostas (Asteraceae), como así tamén dalgunhas outras familias, como as dipsacáceas.
Referencias
[editar | editar a fonte]- Font Quer, P. 1953. Diccionario de botánica. Barcelona, Editorial Labor.