Canon Pali
Aparencia
O Canon Pali, tamén coñecido como Tipitaka, é o tripla conxunto de textos escritos en idioma pali e compostos no norte da India que recollen as ensinanzas de Buda. O texto tal como chegou a nós foi establecido no concilio budista de Sri Lanka o 29 a. de C.
Estrutura
[editar | editar a fonte]O canon pali divídese en tres conxuntos de textos ou pitakas (lit. "cestos"):
- Vinaya piṭaka ou Cesto da disciplina. Recolle as regras monásticas das congregacións budistas.
- Sutta piṭaka ou Cesto dos sutta. Conxunto de sermóns ou discursos atribuídos ao Buda, entre os que se encontran os célebres Satipatthana-sutta (Sutra da Atención), Anguttara Nikaia (Sutras numerados) e o Dhammapada (Camiño da ensinanza). Versan sobre a moral e o adestramento mental.
- Abhidhamma piṭaka ou Cesto da doutrina. Contén a parte doutrinal e conceptual que fundamenta o budismo, e inclúe comentarios aos outros dous cestos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Canon Pali |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Tipitaka". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.