Canon Inc.
Canon Inc. | |
---|---|
Sede de Canon | |
Tipo | Sociedade Pública |
Fundación | (1933), 10 de agosto de 1937 (co nome de Canon), Toquio Xapón |
Localización | Ōta, Toquio, Xapón |
Fundador | Takeshi Mitarai Goro Yoshida Saburo Uchida Maeda Takeo |
Persoas clave | Fujio Mitarai |
Industria | Electrónica |
Produtos | Cámaras Impresoras Dixitalizadores Copiadoras |
Beneficio | 4 883 millóns de dólares |
Número de empregados | 198.307 (2011) |
Na rede | |
https://global.canon/, https://csa.canon.com e https://bisstores.in.canon/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Canon Inc. (キヤノン株式会社 Kyanon Kabushiki-kaisha) é unha multinacional xaponesa da electrónica líder mundial en imaxe, fotografía, vídeo, electrónica profesional e de consumo no fogar.
Historia
[editar | editar a fonte]A compañía chamábase ata 1947 Seikikōgaku Kenkyusho (en xaponés 精机光学研究所, Precision Optical Industry Co. Ltd.), fundada por Goro Yoshida. En 1934 produciu un prototipo por primeira vez no Xapón dunha cámara de 35 mm cun obturador focal plano. Era unha copia de Leica e o deseño foi chamado Kwanon. Durante estes primeiros anos a empresa non contaba con instalacións para producir o seu propio cristal óptico, polo que as primeiras cámaras viñan con obxectivos Nikkon de Nippon Kogaku KK (máis tarde chamada Corporación Nikon).
En 1947, o nome da compañía cambiouse por Canon e fabricou as súas propias lentes.
Fitos da marca
[editar | editar a fonte]Precision Optical Instruments Laboratory foi o primeiro nome de Canon Inc. fundada en Toquio en 1937 por Takeshi Mitarai, Goro Yoshida, Saburo Uchida e Maeda Takeo.
1930 - 1960
[editar | editar a fonte]- 1933 - 1936: "Kwanon", copia do deseño de Leica, primeiras 35 mm cámara con obturador plano, producido no Xapón como prototipo.
- 1940: cámara indirecta de rayos X, tamén a primeira desenvolvida no Xapón.
- 1947: a empresa troca o nome por Canon Camera Co., Inc.
- 1958: primeiro zoom para cámaras de televisión.
- 1959: Reflex Zoom 8, primeira cámara do mundo para películas con lente zoom, e Canonflex.
- 1961: Canon crea unha cámara de telémetro excepcional, a Canon 7 e 50mm 1:0.95 con lentes nunha montura especial.
- 1964: 'Canola 130', os xaponeses fixeron a primeira calculadora. Foi unha substancial mellora no deseño dos británicos da empresa Bell. Foi a primeira calculadora electrónica dous anos antes que a unidade Sumlock Anita Mark 8.
- 1965: Canon presenta Pellix Canon, unha cámara réflex con espello fixo semitransparente que permite tomar fotografías a través do espello.
- 1969: o nome da compañía pasou a Canon Inc.
1970 – 2010
[editar | editar a fonte]- 1971: F-1, unha gama SLR (réflex dun solo obxectivo); a cámara e as lentes eran FD.
- 1976: lanzouse a primeira cámara do mundo cun micro-ordenador incorporado.
- 1982: "A fauna como Canon a ve", anuncios publicados por primeira vez na revista National Geographic.
- 1985: a primeira impresora de inxección de tinta utilizando a tecnoloxía de chorro de tinta.
- 1987: Canon presenta o Canon Electro-Optical System (EOS) [1]. Preséntase a EOS 650 autofocus cámara SLR e créase a Fundación Canon.
- 1988: Canon introdúcese na filosofía Kyosei.
- 1989: EOS 1 Flagship Liña Profesional SLR.
- 1989: EOS RT, o primeiro SLR AF cun espello fixo e semi-transparente.
- 1992: EOS 5, primeira cámara con obturador controlado AF.
- 1992: PowerShot 600, primeira cámara dixital de Canon.
- 1995: Canon presenta a primeira lente SLR dispoñible no mercado con estabilización de imaxe interna, EF 75-300mm f/4-5.6 IS USM para EOS 1N RS, a cámara SLR AF máis rápida do mundo cunha velocidade de disparo continuo de 10 cadros por segundo. Sobre a base da EOS-1N, o RS EOS-1N ten un espello fixo semi-transparente dunha capa.
- 1996: presenta a ELPH (América) e IXUS (Europa), unha cámara dixital de bolsillo co Advanced Photo System.
- 1997: Canon entra no mercado do vídeo dixital.
- 2002: Fujio Mitarai, presidente e CEO de Canon Inc., é nomeado como un dos 25 mellores xerentes do mundo por BusinessWeek.
- 2003: o primeiro sistema dixital portátil de raios X utilízase para reconstruír o rostro dunha momia exipcia; crese que é a raíña Nefertiti.
- 2004: XEED SX50 Proxector LCD.
- 2005: primeira cámara de vídeo Canon de alta definición.
- 2007: Canon Europa celebra o seu 50 aniversario.
- 2009: Canon adquire Océ.
- 2010: Canon merca Tereck Office Solutions, Inc.
Canon en España
[editar | editar a fonte]Canon chegou ao mercado español en 1963 cun representante que tiña rexistrado o seu nome en España. En 2005 a marca Canon en España foi mercada por Canon Europa pasando a formar parte do grupo. Canon ten a súa sede en La Moraleja (Madrid) nun edificio de 5.600 metros cadrados. Canon tiña en 2011 957 empregados en España; case 277 profesionais traballan na sede de Madrid[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ EOS é tamén o nome dunha deusa da aurora
- ↑ “La gestión documental está en plena expansión por la gran demanda empresarial de soluciones que permitan una gestión documental eficaz” Arquivado 01 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Canon (en varias linguas).