Saltar ao contido

Camponaraia

Modelo:Xeografía políticaCamponaraia
Camponaraya (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 42°34′50″N 6°40′13″O / 42.580555555556, -6.6702777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor en Wikidata
CapitalCamponaraia Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación4.096 (2023) Editar o valor en Wikidata (140,61 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie29,13 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude490 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFernando Lopez Rellan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24410 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE24034 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcamponaraya.es Editar o valor en Wikidata

Camponaraia (en castelán e oficialmente: Camponaraya) é un concello da comarca leonesa do Bierzo (Castela e León). Cobre unha superficie de 29,13 km², na que vivían 4.109 habitantes en 2022, cunha densidade de poboación de 140,61 h/km². Está composto de cinco localidades: Camponaraia, Erbededo, Magaz de Abaixo, Naraiola e A Válgoma.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Por este concello pasa o arroio da Regueira de Naraia (ou río Naraia), o cal permite deducir que o topónimo debe dividirse en dous (Campo+Naraia) e non en tres (Campo+na+raia). Esta dedución vén avalada pola ortografía e pola existencia do topónimo Naraiola, diminutivo do hidrónimo. A orixe do topónimo composto remóntase ao século XV, época na que as aldeas de Campo e Naraia, separadas polo antedito regato, se unificaron legalmente tomando o nome de ambas[1].

Núcleos de poboación

[editar | editar a fonte]
  • Camponaraia
  • Erbededo
  • Magaz de Abaixo
  • Naraiola
  • A Válgoma
  1. "Historia del Municipio de Camponaraya". camponaraya.es. Consultado o 2020-12-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]