Saltar ao contido

Calístenes de Olinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCalístenes de Olinto
Biografía
Nacementoc. 360 a. C. Editar o valor en Wikidata
Olinto, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte327 a. C. Editar o valor en Wikidata (32/33 anos)
Causa da mortepena de morte Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesAristóteles, tío Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Nuttall Encyclopædia >>>:Callis`thenes
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata

Calístenes, en grego antigo Καλλισθένης, en latín Callisthenes, foi un historiador grego do século III a. C. orixinario de Olinto (en grego Ὄλυνθος, en latín Olynthus), na península calcídica. Acompañou a Alexandre Magno nas súas expedicións asiáticas e deixou constancia escrita; tamén foi autor doutras obras historiográficas, pero na actualidade non se conserva ningunha obra de Calístenes. Atribúeselle falsamente o coñecido romance de Alexandre, e o seu autor é xeralmente coñecido como Pseudo-Calistenes.[1]

Por parte da súa nai era sobriño de Aristóteles, quen foi o seu mestre e recomendouno a Alexandre, acompañándoo nas súas expedicións a Asia como cronista oficial. Caendo en desgraza, en -327 foi acusado de conspiración e detido en Bactria e preso nunha gaiola de ferro. Dise que a causa foi a súa negativa a axeonllarse ante Alexandre como emperador.[2]

As súas obras principais foron Os Helenos e a Historia de Alexandre, das que só quedan fragmentos tirados de citas doutros autores. Os Helenos trataron o período desde a Paz de Antalcides, que puxo fin á Guerra de Corinto entre Esparta e Atenas, Corinto, Tebas e Argos; até o comezo da Guerra focense. A Historia de Alexandre foi unha crónica das conquistas de Alexandre, de grande valor porque Calístenes viviunas de primeira man. Aínda que se perdeu a orixinal, utilizárona numerosos autores e consérvanse varios testemuños e citas directas, entre elas unha descrición da batalla de Issos e outra da batalla de Gaugamela.[2]

  1. "Calístenes de Olinto". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.  (en catalán)
  2. 2,0 2,1 Louise, Marie. Callisthenes. Encyclopaedia Iranica. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]