Buchenwald
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Alemaña | |||
Estado federado | Turinxia | |||
Medium regional center (en) | Weimar | |||
Poboación | ||||
Poboación | 48.000 (1945) | |||
Datos históricos | ||||
Creación | xullo de 1937 | |||
Disolución | 11 de abril de 1945 | |||
Evento clave | ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Páxina web | buchenwald.de | |||
Buchenwald foi un campo de concentración nazi crado en xullo de 1937 no outeiro de Ettersberg, preto de Weimar, en Alemaña.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixinarimente destinado a encerrar a opositores do réxime nazi, a maioría comunistas ou socialdemócratas, recibiu posteriormente uns 10 000 xudeus arrestados na noite dos cristais rotos en 1938, así como xitanos, homosexuais e presos por deilitos comúns.
Durante a segunda guerra mundial foron enviados alí tamén prisioneiros de guerra. Os presos políticos organizaron alí unha resistencia.[1]
En total estímase que estiveron presas unhas 250 000 persoas procedentes de todos os países de Europa. O número de vítimas, provocadas polas enfermidades, a mala sanidade, os traballos forzados, as torturas, os experimentos médicos e os fusilamentos, estímase nunhas 56 000, entre elas 11 000 xudeus.[2]
Porén, como campo de concentración, en Buchenwald non había cámaras de gas, as cales eran propias dos campos de exterminio.[3][4]
O campo foi liberado o 11 de abril de 1945 por membros do exército estadouniodense ao mando do xeneral Patton.[5]
Entre 1945 e 1950, o campamento foi utilizado polas autoridades de ocupación soviéticas como un campo de internamento para antigos colaboracionistas nazis, coñecido como NKVD Campamento Especial nº 2.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Combe, Sonia (1 de abril de 2020). "À Buchenwald, les antifascistes ont perdu la guerre mémorielle". Le Monde diplomatique (en francés). Consultado o 26 de xuño de 2020.
- ↑ Deutsche Welle (2009). "Obama en Buchenwald: una visita con valor personal.". Consultado o 26 de xuño de 2020.
- ↑ "Jorge Semprún se despide de Buchenwald". La Vanguardia (en castelán). 2010-04-11. Consultado o 2022-03-02.
- ↑ "Web oficial do Memorial de Buchenwald" (en alemán e inglés e francés). Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 26 de xuño de 2020.
- ↑ Harry Stein & Gedenkstätte Buchenwald (2004): Buchenwald Concentration Camp 1937-1945: A Guide to the Permanent Historical Exhibition. Göttingen: Wallstein Verlag. ISBN 978-3-8924-4695-8, p. 57.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Buchenwald |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blum, Léon (2000): Le dernier mois. París: Arléa. ISBN 978-2-8695-9506-4.
- Blum, Léon (2003): Lettres de Buchenwald. París: Gallimard. ISBN 2-0707-6335-8.
- Manhès, Frédéric H. (1947): Buchenwald: L’organisation et l’action clandestines des déportés français, 1944-1945.
- Semprún, Jorge (1997): L'Écriture ou la Vie. París: Gallimard. ISBN 978-2-0704-0055-3.
- Semprún, Jorge (2001): Le mort qu'il faut. París: Gallimard. ISBN 978-2-0704-2454-2.
- Semprún, Jorge (2002): Quel beau dimanche. París: Grasset. ISBN 978-2-2460-8883-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Behind the Picture: The Liberation of Buchenwald" Life.time.com (Imaxes do campo tras a súa liberación).