Bornita
Bornita | |
---|---|
Fórmula química | Cu5 Fe S4 |
Clase | Sulfuro |
Sistema cristalino | Ortorrómbico, dipiramidal |
Cor | Vermello cúprico, marrón cúprico, púrpura |
Brillo | Metálico |
Dureza | 3 - 3,25 (escala de Mohs) |
Fractura | Concoidal |
Exfoliación | Non presenta |
Raia | Negra gisácea |
Densidade | 4,9 - 5,3 g/cm³ |
A bornita ou erubescita é un mineral do grupo dos sulfuros. É un sulfuro de ferro e cobre, de cor cobre manchado con iridescencias púrpuras, polo que se lle dá o alcume de mineral pavo real.
Desde 1725 foi mencionado en estudos de minería, pero non foi até 1845 cando lle puxo nome o mineraloxista austríaco Ignaz von Born (1742–1791).
Ambiente de formación
[editar | editar a fonte]A bornita fórmase nas intrusións ígneas, formándose como mineral primario de cobre nos filóns pegmatíticos e hidrotermais asociados a cámaras magmáticas. Tamén pode aparecer de forma secundaria, nas zonas de oxidación dos depósitos asociada á malaquita.
Localización e extracción
[editar | editar a fonte]Extráese pola súa importancia industrial como mena do cobre e encóntrase en depósitos porfíricos xunto con outra mena de cobre máis abundante e común, a calcopirita. Tanto a calcopirita como a bornita son substituídas por calcocita e covelita nos depósitos enriquecidos en cobre.
Tamén aparece diseminada en rochas ígneas máficas e en materiais sedimentarios cupríferos, algúns depósitos de gran riqueza en bornita como os que se encontran en México e nos Estados Unidos. Tamén hai grandes depósitos no Perú e Chile.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bornita |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Palache, C., H. Berman, and C. Frondel (1944) Dana’s system of mineralogy, (7th edition), v. I, 195–197.