Bob Avakian
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1943 ![]() Washington, D.C., Estados Unidos de América ![]() |
Relixión | Ateísmo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, activista pola paz, escritor, autobiógrafo, Activista polos dereitos humanos ![]() |
Partido político | Partido Comunista Revolucionario Partido Paz e Liberdade ![]() |
Descrito pola fonte | InfluenceWatch (en) ![]() ![]() Discover the Networks (en) ![]() ![]() ![]() |
Sitio web | thebobavakianinstitute.org ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Robert Bruce Avakian, chamado Bob Avakian, nado o 7 de marzo de 1943 na cidade de Washington, é un político estadounidense, líder do principal grupo maoísta dos Estados Unidos, o Partido Comunista Revolucionario.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Neto de emigrantes armenios que chegaran aos Estados Unidos para traballar no campo, o pai era xuíz de condado en Alameda. Educouse en Berkeley (California) e alí entrou en contacto con grupos da esquerda e participou en protestas estudantís, dirixidas por Mario Savio, que tiñan como obxectivo obrigar a Universidade a recoñecer a liberdade de expresión. Avakian converteuse no voceiro na área de San Francisco do Partido Paz e Liberdade e asemade apoiaba activamente os Panteras Negras. En 1975 participou na creación do Partido Comunista Revolucionario (PCR). Cando Deng Xiaoping visitou os Estados Unidos, Avakian dirixiu as protestas en Washington contra a visita. Por enfrontamentos coa policía na protesta, el e os outros membros do seu grupo foron xulgados e condenados a un total de 241 anos de cárcere. Para evitar ir a prisión marchou a París en 1981. No entanto, todas as acusacións contra el foron completamente retiradas en 1982.
Desde 1979 Avakian é o presidente do comité central do Partido Comunista Revolucionario, e continúa a selo en 2018.
Obras
[editar | editar a fonte]- Preaching From a Pulpit of Bones
- Democracy: Can't We Do Better Than That?
- A Horrible End, or an End to the Horror?
- Could We Really Win?
- Phony Communism is Dead; Long Live Real Communism
- The Immortal Contributions of Mao Tse-Tung
- Bullets From the Writings Speeches and Interviews of Bob Avakian (Little Silver Book)
- For a Harvest of Dragons - A collection of essays.
- From Ike to Mao and Beyond: My Journey from Mainstream America to Revolutionary Communist ISBN 0-9760236-2-8
- Observations on Art and Culture, Science and Philosophy
- Marxism and the Call of the Future: Conversations on Ethics, History, and Politics