Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A batalla de Arfderydd (tamén coñecido como Arderydd) tivo lugar, segundo os Annales Cambriae, en 573. Os exércitos que se enfrontaban son citados de forma diversa en varias fontes galesas antigas, cousa que suxire que había un número de exércitos aliados. Os principais adversarios semella que foron Gwenddoleu ap Ceidio e mais os príncipes irmáns, Peredur e Gwrgi, ou o rei Rhydderch Hael de Strathclyde. Gwenddoleu foi derrotado e as súas tropas aniquiladas. O seu bardo, Lailoken, volveuse tolo e botou a correr cara ao bosque. Probabelmente sexa a orixe do personaxe artúrico, Merlín.
Nun manuscrito que data de finais do século XV, unha historia chamada Lailoken and Kentigern sitúa a batalla na chaira entre Liddel e Carwannok. Isto pénsase que está en Arthuret, preto de Longtown, en Cumberland (agora Cumbria).