Barei
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Bárbara Reyzábal González-Aller 29 de marzo de 1982 (42 anos) Madrid, España |
Outros nomes | Barei |
Actividade | |
Ocupación | cantante, pianista, compositora de cancións |
Período de actividade | 2011 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Universal Music Group |
Participou en | |
14 de maio de 2016 | Festival de Eurovisión 2016 |
Sitio web | bareimusic.com |
Bárbara Reyzábal González-Aller, nada en Madrid o 28 de marzo de 1982, máis coñecida como Barei, é unha cantante española. Foi a representante de España no Festival de Eurovisión 2016 coa canción "Say Yay!".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]2013-2015: Segundo álbum de estudio 'Throw The Dice'
[editar | editar a fonte]Fortemente influenciada polo pop británico e estadounidense, o funk e soul, Barei comezou a forxar novas composicións. Partindo desde os seus novos ángulos musicais e perspectivas, o seu segundo single "Another´s Life" significou a continuidade dos fitos que unen a vida dunha persoa. O desafío "Single a Single" permitiu que o seu público tivese unha relación máis próxima ás súas loitas, e compartir con ela os seus triunfos e aprendizaxe. “Another’s Life” alcanzou o Top 30 da lista de iTunes das cancións máis populares, e o seu videoclip en Youtube (que chegou a máis de 600.000 reproducións) foi titulado como un dos lanzamentos máis importantes da escena musical española.
2016-presente: Candidata a representar a España en Eurovisión 2016
[editar | editar a fonte]O 29 de decembro de 2015, RTVE anuncia que Barei é unha dos 6 candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2016 que terá lugar en Estocolmo en maio de 2016. O 19 de xaneiro de 2016, déronse a coñecer fragmentos das 6 cancións candidatas a representar a España. A canción de Barei é Say Yay!, composta por ela mesma, Rubén Villanueva e Víctor Púa. Say Yay! é un up tempo en inglés e que presenta unha tendencia cara ao soul.[1] O 1 de febreiro de 2016 ás 22:30 en La 1, tivo lugar a gala de selección do representante, chamada Objetivo Eurovisión e presentada por Anne Igartiburu, que contou con xurado nacional, internacional e televoto. Barei gañou a gala Objetivo Eurovisión con 114 puntos.
Barei acabou no posto 22 no Festival de Eurovisión 2016 celebrado o 14 de maio, cun total de 77 puntos, 67 do xurado e 10 de televoto.[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- Billete Para No Volver (2011)
- Throw The Dice (2015)
Singles
[editar | editar a fonte]- Foolish Nana (2013)
- Throw the Dice (2015)
- You Fill Me Up (2015)
- Another's Life (2015)
- Time To Fight (2015)
- Say Yay! (2016)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 02 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.
Predecesor: "Amanecer" Edurne |
España no Festival de Eurovisión 2016 |
Sucesor: "Do It for Your Lover" Manel Navarro |