Saltar ao contido

Aurora, Colorado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAurora, Colorado
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°42′39″N 104°48′45″O / 39.7108, -104.8125
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoColorado
County of Colorado (en) TraducirCondado de Adams Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación386.261 (2020) Editar o valor en Wikidata (967,21 hab./km²)
Número de fogares133.062 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaDenver metropolitan area (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:2.963.821) Editar o valor en Wikidata
Superficie399,355584 km² Editar o valor en Wikidata
Auga0,4488 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude1.648 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1891 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Aurora, Colorado (en) Traducir Editar o valor en WikidataMike Coffman (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webauroragov.org Editar o valor en Wikidata

A cidade de Aurora, é un municipio con goberno propio no estado americano de Colorado. Sitúase entre os condados de Arapahoe e Adams, na que o extremo sueste da cidade introdúcese no Condado de Douglas. Aurora é unha das principais cidades da Zona Metropolitana de Denver,-Aurora-Broomfield. A poboación da cidade segundo o censo do ano 2010 é de 325.078 Habitantes, sendo así a terceira cidade do estado de Colorado con máis poboación e a 56ª nos Estados Unidos.

Denver e Aurora son as principais cidades da Área metropolitana de Denver. Cunha poboación estimada no 2007 de 2 998 878 habitantes (22ª Zona Metropolitana máis poboada dos Estados Unidos). De todos modos, Denver e Aurora combinadAs forman menos da metade da poboación da Zona Metropolitana de Denver tendo Aurora a metade da poboación que ten Denver.

Aurora foi fundada co nome de Fletcher na década de 1880.Chamada dese xeito por un home de negocios, Donald Fletcher. No ano 1907 pasou a denominarse Aurora logo dunha subdivisión da cidade. Nas décadas dos anos 70 e 80, a súa poboación aumentou de forma frenética, converténdose nunha das cidades referentes na súa área metropolitana.

No ano 2012, un individuo chamado James Holmes, cometeu un atentado na estrea dun filme causando 12 mortos e 58 feridos, sendo esta unha das maiores masacres da historia dos Estados Unidos.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Aurora atópase nas coordenadas 39º 41’ 17’’N 104º 41’ 23’’ O. Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, Aurora ten unha superficie total de 402.57 km² , da cal 400,76 km² corresponde a terra firme e 1.81 km² é auga. A altura oficial da cidade é de 5.471 pés (1.668m.).

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2010 había 325.078 persoas residentes en Aurora. A densidade de poboación era de 807,51 hab/km², dos cales o 61.13% eran brancos, o 15.75% eran afroamericanos o 0.95% eran amerindios, o 4.95% eran asiáticos, o 0.31% insulares do pacífico, o 11.69% eran doutras razas e o 5.22% pertencían a dúas ou máis razas. Do total da poboación o 28.69% eran hispanos ou latinos de calquera raza.

Transportes

[editar | editar a fonte]

Aurora sitúase entre a interestatal 70, a interestatal 225 e a circunvalación E-470. O Distrito Rexional de Transportes de Tránsito Urbano foi estendido para servir a parte suroeste de Aurora o 17 de novembro de 2006. A liña H fai parada nas estacións de Dayton, Aurora e Nine Mile. Unha ampla rede de autobuses complementarios axudan a servir os últimos viaxes ao sur de Aurora. Unha extensión de metros ao longo da I-255 a traves da cidade esta prevista para conectar cunha liña de trens urbanos entre o centro de Denver e o Aeroporto Interacional de Denver, ambos con conclusión prevista para o 2017. Ese desvío é un factor de crecemento esperado da estrada E-470 directamente ao sur do DIA (Aeroporto Internacional de Denver) designado finalmente a albergar 250.000 residentes adicionais en Aurora.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]