Aulerco Diablinte
Os aulercos diablintes foron un pobo galo que viviu na zona oeste da actual Francia. Deron o seu nome á cidade de Jublains.
Historia
[editar | editar a fonte]Tras o inicio da conquista da Galia por Xulio César no 58 a.C., os aulercos diablintes ocupaban a parte norte do actual departamento de Mayenne. No 56 a.C. participaron na sublevación dos vénetos de Morbihan, que acabou nunha desfeita naval en torno a Port-Navalo. A Galia conquistada foi reorganizada polo emperador Augusto e as súas fronteiras interiores foron remodeladas. Naceron as civitates, correspondentes máis ou menos aos territorios dos antigos pobos, e vilas onde estaba a administración desas civitates. A civitas dos aulercos diablintes, que tiña a capital en Jublains, estendíase polo norte de Mayenne e o sur de Orne.