Saltar ao contido

Atol Likiep

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAtol Likiep
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 9°53′06″N 169°08′36″L / 9.88498, 169.14345
Concello das Illas MarshallLikiep Atoll (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación401 (2011) Editar o valor en Wikidata (39,08 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie10,26 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2MH-LIK Editar o valor en Wikidata

Likiep é un atol de 65 illas no océano Pacífico, e forma un distrito lexislativo da cadea Ratak nas Illas Marshall. Atópase aproximadamente a 55 km. ao noroeste de Wotje. A súa superficie total é de só 10´26 km², pero que encerra unha profunda lagoa central de 424 km². Likiep tamén posúe o punto máis alto Illas Marshall, un promontorio sen nome de 10 m. sobre o nivel do mar. A poboación de Likiep era de 482 habitantes en 1998.

En 1877, Likiep foi comprado por Anton De Brum, un comerciante portugués e socio de Adolph Capelle na empresa de comercio Capelle e Brum, que comerciaban principalmente con copra e os produtos do mar ao longo de Micronesia. Likiep foi reclamada polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884, os alemáns crearon un posto comercial. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés. Tras o final da segunda guerra mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte doa Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.

O Distrito Histórico de Likiep, con 15 estruturas historicamente significativas construídas entre 1880 e 1937, está sendo considerado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]