Saltar ao contido

Atún patudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O atún patudo (Thunnus obesus) é unha especie de peixe da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos e familia dos túnidos, pertencente ao xénero Thunnus.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

É un peixe corpulento, que chega a acadar un peso de 210 kg.

Ten a primeira aleta dorsal de cor amarela forte, mentres que a segunda alerta dorsal e a anal son só amareladas.

O corpo é claro cunha faixa azul iridescente nos lados (visíbel só en exemplares vivos).

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Nutrición

[editar | editar a fonte]

Aliméntase de peixes, crustáceos e cefalópodos, tanto de día, como durante a noite.

Reprodución e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Tanto os ovos como as larvas forman parte do plancto. Son peixes de crecemento rápido, a alcanzan unha idade máxima estimada de once anos.

Ten un comportamento peláxico, cos peixes de tamaños pequenos formando cardumes na superficie, mentres os adultos se concentran en augas profundas.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Atópase nas augas tropicais e subtropicais de todos os océanos, mais preferindo o intervalo de temperaturas entre os 17º e os 22 °C.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Esta especie foi descrita por primeira en 1839 vez polo clérigo anglicano, escritor, botánico, ictiólogo e malacólogo inglés, especializado na flora, e máis na fauna (mariña) do arquipélago de Madeira Richard Thomas Lowe, baixo o nome de Thynnus obesus.[1] Poesteriormente, cando o xénero Thynnus foi considerado como Thunnus foi reclasificado neste.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia, a especie foi tamén coñecida polos sinónimos seguintes:[1]

  • Germo obesus (Lowe, 1839)
  • Germo sibi (Temminck & Schlegel, 1844)
  • Neothunnus obesus (Lowe, 1839)
  • Orcynus sibi (Temminck & Schlegel, 1844)
  • Parathunnus mebachi (Kishinouye, 1915)
  • Parathunnus obesus (Lowe, 1839)
  • Parathunnus obesus mebachi (Kishinouye, 1915)
  • Parathunnus sibi (Temminck & Schlegel, 1844)
  • Thunnus abesus (Lowe, 1839) (incorrecto gramaticalmente)
  • Thunnus mebachi Kishinouye, 1915
  • Thunnus obesus mebachi Kishinouye, 1915
  • Thunnus obesus sibi (Temminck & Schlegel, 1844)
  • Thunnus sibi (Temminck & Schlegel, 1844)
  • Thunus obesus (Lowe, 1839) (incorrecto gramaticalmente)
  • Thynnus obesus Lowe, 1839 (basónimo)
  • Thynnus sibi Temminck & Schlegel, 1844

Importancia económica

[editar | editar a fonte]

Ten grande importancia para a pesca, sendo comercializado principalmente conxelado e enlatado; adquire un valor elevado para a produción de sashimi. É considerado unha especie vulnerable pola IUCN.[4]

As capturas aumentaron liñalmente (aínda que con flutuacións) dende mediados do século XX até o ano 2000, cando se chegou a preto de 400 000 t en todo o mundo; os países que rexistran maiores capturas son o Xapón e Corea do Sur.[5].

  1. 1,0 1,1 1,2 Thunnus obesus (Lowe, 1839) no WoRMS.
  2. Thunnus obesus (Lowe, 1839) no ITIS.
  3. ?Thunnus obesus? no sitio web FishBase.org (en inglés) consultado o 17 de xuño de 2009.
  4. Uozumi, Y. (1996): Thunnus obesus. En: IUCN 2009. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2009.1. <www.iucnredlist.org> (en inglés). Consultada o 18 de xuño de 2009.
  5. Thunnus obesus no sitio web da FAO (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]