Asfixiofilia
Aparencia
A hipoxifilia ou asfixiofilia é unha parafilia que consiste na excitación sexual a través da privación do ar á parella ou a un mesmo.[1] Isto pódese facer mediante a obstrución das vías respiratorias con obxectos cubrindo a cabeza con elementos plásticos ou de látex ou recorrendo á semiestrangulación. Cando o practica unha persoa soa, denomínase autoasfixia erótica.
Trátase dunha práctica sexual moi perigosa. Estímase que entre 500 e 1.000 persoas morren cada ano nos Estados Unidos por autoasfixia erótica. A meirande parte dos casos (96%) corresponden a homes. A morte pode acaecer dende a adolescencia ata os 70 anos, sendo máis frecuente arredor dos 20 anos. Unha complicación non mortal da asfixiofilia é a lesión cerebral por anoxia.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ URRA PORTILLO, J. (1997). Violencia, memoria amarga. Siglo XXI de España Editores. ISBN 84-323-0952-4.(en castelán)
- ↑ SPITZER, R.L. (2003). DSM-IV-TR libro de casos: compañero del DSM-IV-TR : manual diagnóstico y estadístico de los transtornos mentales, texto revisado. Elsevier España. ISBN 84-458-1223-8.(en castelán)