Articulación esferoidal
Unha articulación esferoidal (case equivalente a enartrose) ou articulación en rótula, é un tipo de articulación sinovial, na cal unha superficie con forma de bóla dun óso arredondado encaixa nunha depresión con forma de copa doutro óso. O óso distal pode moverse na articulación nun número indefinido de eixes, que teñen un centro común, o que permite que o óso se mova en case todas as direccións.
Unha enartrose é un tipo especial de articulación esferoidal na cal a copa cobre a esfera alén do seu ecuador.[1]
Exemplos
[editar | editar a fonte]Un exemplo desta forma de articulación encóntranse na cadeira, onde a cabeza arredondada do fémur articúlase no acetábulo con forma de copa da pelve. Outro exemplo é a articulación glenohumeral do ombro, onde a cabeza arredondada do úmero articúlase na fosa glenoidea con forma de copa da omoplata. A articulación do ombro inclúe tamén unha articulación esternoclavicular.[2]
-
Cadeira
-
Detalles da articulación da cadeira. 1. Fémur, 2. Colo do fémur, 3. Cabeza do fémur, 4. Acetábulo, 5. Labio acetabular, 6. Pelve.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Platzer, Werner (2008) Color Atlas of Human Anatomy, Volume 1, p.28
- ↑ Module - Introduction to Joints Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine.webarchive: 20-07-2011
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Articulación esferoidal |