Arnoglossus imperialis
Arnoglossus capensis Rapapelos, rapapelos imperial | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Arnoglossus imperialis (Rafinesque, 1810) [1] |
Arnoglossus imperialis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos,[1] coñecida en galego como rapapelos[2] ou rapapelos imperial.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita por primeira vez en 1810 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque, co nome de Bothus imperialis.[1]
Ademais de por este nome orixinario, coñécese tamén polos sinónimos:[1]
- Arnoglossus blachei Stauch, 1965
- Arnoglossus lophotes Günther, 1862
- Charybdia rhomboidichthys Facciolà, 1885
Características
[editar | editar a fonte]As principais características morfolóxicas desta especie son:[2][4]
- Corpo ovalado, moi deprimido, de até os 25 cm de lonxitude como máximo.
- Ollos grandes e moi próximos, separados por unha crista ósea moi aparente. O ollo anterior está un pouco atrasado con respecto ao inferior.
- Boca armada con dentes diminutos, case todos do mesmo tamaño.
- Aleta dorsal con de 94 a 106 raios (brandos), e a anal con de 74 a 82 raios (igualmente brandos).
- Do segundo ao sétimo raios da aleta dorsal dos machos son notabelmente máis grosos e logos que os outros, formando unha especie de crista; nas femias esta crista é menos conspicua (e, ademais, está formada só polos raios do segundo ao sexto).
- As aletas pelvianas do lado pigmentado presentan unha pequena mancha negra na parte posterior; os raios destas aletas son máis longos nos machos.
- O pedúnculo caudal é case inexistente, e a aleta caudal é arredondada.
- Coloración, no lado pigmentado, amarela agrisada máis ou menos escura, con numerosas manchas máis escuras, pardas.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]- Hábitat
É unha especie mariña, demersal, que vive a profundidades de entre os 10 e os 350 m (usualmente, entre os 40 – 200 m), sobre fondos areosos, lamacentos e con cunchas e corais.[2][4]
- Distribución
Distribúese polas costas do Atlántico oriental entre os 58° N e os 29° S,e entre os 19° W e os 16° E, desde Escocia até Namibia, incluíndo o mar Mediterráneo, sendo especialmente abundante na súa metade occidental.[4] Tamén nas costas de todas as illas dentro destas coordenadas.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]- Nutrición
Aliméntase de pequenos peixes e invertebrados bentónicos.[2] Segundo Jardas e Pallaoro, a súa dieta no Adriático está constituída basicamente por vermes poliquetos, aínda que, como moitas das especies do seu xénero, probabelmente consome principalmente crustáceos bentónicos.[5]
- Reprodución
Reprodúcese en primavera.[2]
Pesca
[editar | editar a fonte]O rapapelos do Cabo é un peixe comestíbel, pescándose activamente nas zonas onde vive.[3] Captúrase con redes de arrastre peláxicas e de fondo.[4]
Galicia
[editar | editar a fonte]O primeiro rexistro desta especie en Galicia fíxoo De Buen en 1935, no seu traballo "Fauna ictiológica. Catálogo de los peces ibéricos de la planicie continental, aguas dulces, pelágicos y de los abismos próximos, I parte", Not. y Res. Inst. Esp. Ocean. 82: 89-148. Posteriormente foi rexistrado en numerosas ocasións.[2]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica actualmente (2015) a situación da especie Arnoglossus capensis como LC (pouco preocupante) debido a que está amplamente distribuída e é común nas zonas da súa área de dispersión, ocupando ademais un número variado de hábitats, polo que é probábel que teña unha distribución relativamente continua. Porén, considera que, dado que a especie é capturada por frotas pesqueiras que operan dentro de toda a súa área, cumpriría facer investigacións adicionais para determinar o número de espécimes que deben capturarse para que non perigue o status das súas poboacións.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Arnoglossus imperialis (Rafinesque, 1810) no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Rodríguez Villanueva, X. L.; Xavier Vázquez e Henrique Álvarez Escudero (1995): Peixes do mar de Galicia (III). Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2, pp. 294-295.
- ↑ 3,0 3,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 79.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Froese, R. & D. Pauly, editors (2015): Arnoglossus imperialis en FishBase.
- ↑ Jardas, I. & Pallaoro, A. (1987).
- ↑ Arnoglossus capensis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015.1
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arnoglossus imperialis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aldebert, Y.; M. Desoutter & J.-C. Quéro (1990): "Bothidae" en J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; & UNESCO, París. Vol. 2 pp. 1027-1036.
- Fenner, Robert M. (2001): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications.
- Jardas, I. & Pallaoro, A. (1987): "A Contribution to the knowledge of the ichthyofauna of the Adriatic Sea: Arnoglossus imperialis (Rafinesque, 1810) (Heterosomata, Bothidae) a new species in the Adriatic Sea. Biljeske-Notes. Institut za oceanografiju i ribarstvo 69. Split, Croacia.
- Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arnoglossus imperialis en Encyclopedia of Life (en inglés)